займ срочно

Volve a Romaría Rapazada a Silleda

0

Silleda, 10 de xuño do 2022 – Silleda recupera a Romaría da Rapazada que celebrará a súa trixésimo segunda   edición o vindeiro domingo día 19.

A cita, no recinto da Saleta, en Siador, contará con actividades xa clásicas e  terá como lema “Volta a nosa festa”. A Romaría Rapazada regresa despois de dous anos de silencia nunha xornada única que tamén  vira o seu nome cara a un título máis inclusivo.

Imaxe de arquivo dunha edición anterior

Esta festa singular e única en Galicia, onde a cativada é a protagonista, arrancará ás 11.00 horas coa apertura de obradoiros, inchables, actividades e actividades multiaventura, que continuarán durante toda a xornada.

Entre os obradoiros figuran un de tatuaxes temporais, de maquillaxe, de pulseiras, de chapas, animais móbiles, e outro de gorros divertidos coordinado este último pola Anpa Raparigos. Os nenos poderán desfrutar este ano con outras actividades pedagóxicas como o espazo ludoteca para os máis pequenos e distintas actividades baixo o eixo da igualdade na chamada área violeta.

Gran tirolina de 100 metros e tobogán acuático

En canto ás actividades multiaventura a Romaría do Rapaz contará este ano de novo cunha tirolina de grandes dimensións, con 100 metros de percorrido e tobogán xigante Río Bravo de 60 metros. A zona multiaventura contará tamén cun rocódromo, e 4 xogos hinchables, así como as bolas zorbing.. 

Animación do recinto

Durante toda a xornada celebraranse outras actividades como un fotocol, e a animación da Superpandi, con personaxes de Disney. Xa pola tarde celebrarase outro obradoiro de música e baile tradicional impartido pola agrupación Xirandola.

Haberá tamén unha caseta de información aberta durante toda a xornada na que se poderán mercar pulseiras localizadoras, e camisetas conmemorativas deste certame. Todo o recadado destinarase ao programa municipal Silleda Solidaria. Tamén haberá outras actividades sorpresa.

Fin de festa con Xirandola e Banda Xuvenil

A Romaría Rapazada rematará co espectáculo final con selo silledense: actuarán no anfiteatro a Escola de Baile do grupo Xirandola e a Banda de Música Infantil  de Silleda, que estarán no  partir das 19:00 horas. Tamén se sortearán agasallos entre a rapazada que visite todos os obradoiros e actividades.

Dende o Concello de Silleda, que organiza este evento, agradécese a inestimable colabroación dos Padres Saletinos e da veciñanza de Siador. Así mesmo, tamén se fai un chamamento á colaboración das persoas asistentes á hora de aparcar (lémbrase que hai aparcamentos de balde no entorno do recinto) e respetar a sinalización en canto a circulación do tráfico na zona

O recinto volverá a contar con servizo de bar e xantar. Haberá mesas e sillas a disposición das persoas e grupos que queiran xantar na carballeira do recinto durante a xornada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies