Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Silleda
  • Xeral

A seguridade das atraccións no punto de mira

silleda atracions SLIDE 4 xullo 2025

O concello de Silleda contratará un servizo especializado para revisar as atraccións das Festas asumindo por primeira vez esta responsabilidade.

Por primeira vez o Concello de Silleda asumirá a revisión técnica completa dos equipamentos das atraccións. Como viña sendo habitual esixirá tamén a documentación ás empresas responsables das barracas, como se vén facendo nos últimos anos, e que será revisada pola empresa especializada.

Silleda contratará este servizo especializado para a inspección de seguridade das atraccións que se instalarán durante as Festas de Verán, que se celebrarán a vindeira semana, do 10 ao 13 de xullo.

Trátase dunha medida coa que o goberno local quere reforzar a seguridade e garantir que a veciñanza e visitantes poidan desfrutar das festas con todas as garantías.

Ademais de revisar a documentación, a través desta inspección a realizar por unha ECCOM (Entidade de Certificación de Conformidade Municipal) , avaliaranse os compoñentes de montaxe e desmontaxe, o estado de conservación, os dispositivos de seguridade, conexións eléctricas…, así como outros factores a fin de garantir a seguridade das persoas usuarias. O obxectivo é minimizar na maior medida posible calquera risco de accidente.

Dende o Concello de Silleda, en coordinación ca comisión organizadora das festas, xa se está a avisar a todos os feirantes para que presenten a documentación canto antes no Rexistro a fin de realizar a revisión documental, a que seguirá a partir da vindeira semana a inspección das montaxes.

Festas inclusivas

A aposta do Concello pola seguridade complétase cunha medida de carácter inclusivo, xa que  durante os días de festa, todas as atraccións permanecerán sen luces nin ruído entre as 19:00 e as 20:00 horas. Desta forma, nenos e nenas con neurodiverxencia poderán desfrutar tamén destes espazos de lecer en condicións máis accesibles e adaptadas ás súas necesidades.

O Concello destaca que con esta iniciativa se busca  garantir unhas festas seguras, inclusivas e pensadas para todas as persoas, e se agradece así mesmo a colaboración das empresas do sector.

Post navigation

Previous: O alcalde de Oroso síntese discriminado polo Delegado do Goberno
Next: Curtocircuíto converte a Quintana nunha rave

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.