Silleda, 2 de xullo do 2021 – O goberno municipal de Silleda ven de criticar “a desidia” da Xunta de Galicia ante o deficiente estado da estrada autonómica PO-201, que une o concello con Laro.
O vial de Silleda a Laro é un dos máis transitados do municipio. Este tramo de estrada, en especial na primeira parte ata Siador, presenta numerosas deficiencias que se fan urxentes na zona das Pedrosas e no lugar de O Marco.
Silleda solicitouse en varias ocasións, por escrito e en distintas reunións, o arranxo do vial. O alcalde, Manuel Cuíña, explica que “vimos reclamando dende hai tempo un arranxo en condicións xa que o estado do vial neste primeiro tramo é preocupante e xa non bale con bacheos puntuais como se vén facendo”. Cuiña engade que resulta “asombroso que en lugar de asumir un arranxo en condicións veñan a pintar a liña central da estrada, sen arranxar o firme como é debido”.
O alcalde de Silleda agarda que a Xunta de Galicia, titular desta estrada, acometa “canto antes as reformas necesarias, porque ese vial xa non aguanta máis e é un dos máis transitados con diferencia de todo o termo municipal silledense”.