Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Silleda
  • Xeral

Pleno extraordinario en Silleda para investir un millón de euros na praza de Bandeira

Silleda celebra hoxe un pleno extraordinario para aprobar o expediente de contratación da rexeneración urbana da praza da Bandeira.
Concello de Silleda_DSC9603_01 slide_r

Bisbarra, 9 de outubro do 2023 – O concello de Silleda celebra hoxe un pleno extraordinario para aprobar o expediente de contratación dunha das actuacións máis ambiciosas da lexislatura: a mellora e rexeneración urbana da praza da Bandeira e a súa contorna.

A remodelación do espazo urbano en Bandeira suporá un investimento de máis de 1 millón de euros. Despois da aprobar, por unanimidade dos grupos, na última sesión ordinaria o proxecto e acordar o inicio da contratación, vén de convocarse este pleno extraordinario para cumprir cos prazos establecidos ca subvención do programa DUS 5000, do Instituto de Diversificación e Aforro Enerxético (IDAE) do Estado, que financia a obra nun 80%.

Ademais de aprobarse o expediente, por importe de 1.053.739,23 euros, tamén se someterán a aprobación os pregos que rexerán a contratación, por procedemento aberto, desta actuación, sendo o Pleno o órgano competente pola contía da actuación.

A redacción do proxecto financiouse ademais con cargo á Rede Ágora da Deputación de Pontevedra, da que o Concello de Silleda forma parte, cumprindo cas liñas do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) do municipio.

Conta ademais cas pertinentes autorizacións de Patrimonio, do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, informes técnicos así como cos informes favorables de Secretaría e Intervención.

A remodelación non só afectará á praza Juan Salgueiro da localidade, senón que tamén rexenerará as rúas de todo o entorno, incluída a urbanización da rúa Travesía de Vista Alegre.

Renovación alumeado público

Dende o pasado día 13 de setembro estase a renovar o alumeado público no concello de Silleda comezando polas parroquias da zona norte e o casco urbano.  Actualmente xa contan co alumeado renovado Cira, Dornelas, Piñeiro, Abades e Cervaña, así como o parque empresarial Área 33.

Esta semana, finalizarán os traballos na parroquia de Lamela, ademais de varios puntos como a contorna do Instituto de Educación Secundaria Pintor Colmeiro. A vindeira semana avanzarase nas zonas de Manduas, Chapa e Bandeira. 

Nos vindeiros meses, renovarase o alumeado do resto das parroquias de Silleda, estando previsto que a instalación estea completada en xaneiro. En novembro, iniciaranse ademais a renovación de 170 cadros de mando do alumeado. 

En total, renovaranse 3.322 luminarias con tecnoloxía LED, o que permitirá un aforro estimado do 81,56% en consumo. As luminarias que se instalarán en Silleda proceden ademais na súa totalidade de provedores españois, cunha presenza galega do 44%. O proxecto inclúe o mantemento do alumeado, para o que Ferrovial prevé contar con provedores locais. 

No que respecta á renovación do alumeado, este novo proxecto prevé reforzos nos pasos de peóns e rotondas, así como a reforma da iluminación en certos puntos especiais, como a rúa da Estación ou a praza Juan Salgueiro de Silleda. Ademais, instalaranse luminarias solares, así como puntos telexestionados, que avisan en tempo real do seu funcionamento. 

O citado novo contrato do alumeado público inclúe tanto a renovación, como o subministro enerxético e o seu mantemento durante os vindeiros 14 anos. O Concello de Silleda investirá máis de 8 millóns de euros neste proxecto, que permitirá a xestión integral, sostible e eficiente do alumeado público da vila.

Post navigation

Previous: Boqueixón regulariza e amplía a Feira de Lestedo
Next: O Xulgado de Noia arquiva a denuncia da mineira de San Finx contra Ecoloxistas en acción

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.