Silleda, 23 de setembro do 2020 – O Concello de Silleda arranxa estes días o vial de Meixomence que comunica a vila co lugar de Rosende, ambos os dous na parroquia da Ponte.
os traballos en esta pista, moi deteriorada, se realizan coa axuda de máquinas da Mancomunidade de Terras do Deza e o equipo municipal do departamento de Obras e Servizos de Silleda.
Pista Negreiros-O Castro
Por outra banda, nos vindeiros días tamén se licitará a mellora do tramo entre Negreiros e O Castro, unha actuación que se acometerá con cargo ao Plan Marco, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). Asimesmo Silleda ultima os procedementos para a execución doutro proxecto de mellora en 7 viais, a través do Plan Concellos da Deputación, entre os que figuran o Camiño do Foxo, ou a pista de Cimadevila, en Escuadro, entre outras.