Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Silleda

Este venres comeza en Silleda a party informática XGN R

silleda-party-informatica-slide9-outubro-2018-(1)_r

Table of Contents

Toggle
  • Silleda, 9 de outubro do 2018 – A party galega XGN  R  Encounter comezará este venres a súa décimo oitava edición, no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda, esperando recibir a máis de 1.500 persoas e con máis de 800 inscritos.
    • Actividades para inscritos e visitantes
    • Inscricións

Silleda, 9 de outubro do 2018 – A party galega XGN  R  Encounter comezará este venres a súa décimo oitava edición, no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda, esperando recibir a máis de 1.500 persoas e con máis de 800 inscritos.

A XGN R conta co respaldo da Consellería de Política Social e o patrocinio e colaboración da empresa  R. En este evento tecnolóxico os participantes poderán navegar a unha velocidade de 10  Gbps, así como aprender, intercambiar coñecementos e divertirse coas decenas de actividades programadas. Para lograr a velocidade de 10  Gbps no evento,  R despregou o pasado ano un cable de fibra óptica de 120 quilómetros de lonxitude desde Vigo ata o recinto. Desta maneira, a infraestrutura xa instalada permite agora potenciar os contidos e facer medrar o evento, co obxectivo de converterse no segundo máis importante do Estado. Nesta edición celebraranse máis dunha decena de torneos de videoxogos, así como nove competicións de arte dixital, robótica, realidade virtual ou drons. Ademais, haberá máis conferencias, talleres formativos e alternativas de lecer.

A  XGN  R  Encounter contará cunha zona denominada ‘Intranet’, orientada aos inscritos, onde gozarán dun posto con dereito a acampar no interior do pavillón e tamén a participar en numerosas actividades e torneos exclusivos. Tamén terá unha área coñecida como ‘Extranet’, cun completo programa ao que poderán acceder gratuitamente tanto os inscritos como os visitantes que se acheguen a Silleda. Todo isto ultímase xa cun equipo conformado por máis de oitenta persoas que desempeñan distintos labores organizativos, como montaxe, conectividade, contidos, actividades ou coordinación.

A  XGN  R  Encounter vinculouse o pasado ano á rede de ‘Encounters’ de  Euskaltel, que vén desenvolvéndose desde hai 25 anos, e da que forman parte a  Euskal  Encounter, a  Gipuzkoa  Encounter, a  Araba  Encounter e a  Technium  R  Encounter de Ourense. De feito, a incorporación como patrocinadora e colaboradora da empresa de telecomunicacións  R, integrada no Grupo  Euskaltel, permitiu este “irmandamento” entre os afeccionados á informática de ambas as comunidades, e permitiu un enriquecemento mutuo de coñecementos e experiencias.

Actividades para inscritos e visitantes

Durante o evento desenvolveranse distintas actividades dirixidas exclusivamente aos inscritos, como concursos de arte dixital, nas súas tres vertentes: creación de imaxes dixitais, música dixital e a programación. O talento creativo dos participantes sairá a relucir a través das diferentes competicións, ás que presentarán as obras realizadas durante o evento. E tamén poderán completar a súa formación a través de talleres e conferencias en temáticas relacionadas coas novas tecnoloxías.

Os afeccionados ao ‘hardware’ contarán cunha ampla listaxe de actividades. Entre elas, a modificación, cambio e personalización dos seus equipos, para mellorar a súa estética ou as súas prestacións. Non faltarán as ‘granxas’ de impresoras 3D, onde se impartirá formación a quen desexe aprender sobre esta tecnoloxía, nin un espazo de realidade virtual

Tamén haberá un espazo dedicado á robótica, os talleres crea  R, onde os nenos poderán iniciarse na montaxe destes enxeños electrónicos; e unha charla nativos  R dirixida a educadores, pais e avós que non naceron na era dixital pero conviven con estas xeracións de ‘nativos tecnolóxicos’. Ambas as iniciativas enmárcanse no programa  Digitalent da  Axencia para a Modernización  Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), do que  R forma parte.

Inscricións

O prezo de inscrición á  XGN  R  Encounter é de 40 euros durante a  party e de 35 euros levándose a cabo mediante reserva previa, a cal aínda se pode realizar xa que quedan algunhas prazas libres. Tamén será posible participar na  party mediante as entradas de día, que teñen un custo de 10 euros, e que poderán ser adquiridas no mostrador de acreditación, aínda que non dan dereito a conectar un ordenador na  party. En todo caso, quen desexe achegarse a Silleda como espectador terá acceso libre e gratuíto.

Post navigation

Previous: Unha iniciativa empresarial da USC premiada no concurso Innovatia 8.3
Next: A Baña prepárase para volver aos 50′ co feirón da Re-Volta

Máis novas

silleda presentacion festa da empanada bandeira 25 xullo 2026
2 minutes read
  • Axenda

A Festa da Empanada cumpre 50 anos

Cartel do certae música a fartar en Bandeira, Silleda
2 minutes read
  • Xeral

 “Música a fartar” na vila da Bandeira

Presentación da edición trinta e seis da Romaría da Rapazada en Silleda
5 minutes read
  • Xeral

36ª Romaría da Rapazada

Presentación da ruta de clásicos que partirá de Silleda
3 minutes read
  • Xeral

XVIII Ruta Turística A Lanzada, de vehículos clásicos,

silleda vandalismo carboeiro 7 abril 2026 (1)
3 minutes read
  • Silleda

Vandalizan o Mosteiro de Carboeiro en Silleda

LUIS PENIDO PREMIO EUROPEO 6 FEBREIRO 2026
3 minutes read
  • Compostela

O Consejo Superior de Deportes recoñece a Luís Penido e Christian Costoya como deportistas de alto nivel

silleda entroido 2026
4 minutes read
  • Axenda

A tradición do Entroido do Ulla comeza o 7 en Silleda

cig saude mental SLIDE NORMAL 13 setembro 2021
2 minutes read
  • Silleda

Charla en Silleda sobre a depresión

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.