Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Silleda
  • Xeral

A banda de Música de Silleda contará co espectáculo “Orquestra de Malabares” no concerto de Nadal

O Concerto de Nadal organizado pola Banda de Música Municipal de Silleda volta á axenda cultural o vindeiro sábado día 30, co espectáculo “Orquestra de malabares” como protagonista.
banda-municipal-silleda-malabares-slide-18-decembro-2023_r

Bisbarra, 18 de decembro do 2023 – O Concerto de Nadal organizado pola Banda de Música Municipal de Silleda volta á axenda cultural o vindeiro sábado día 30, co espectáculo “Orquestra de malabares” como protagonista.

A cita, que terá lugar no pavillón 1 do recinto Semana Verde de Galicia, estará protagonizada pola la Banda de Música Municipal de Silleda e a compañía Pista Catro , que poñerán en escena un dos proxectos máis orixinais no ámbito escénico do circo que ten aos malabares como protagonistas..

Música e circo fusiónanse no escenario da man da compañía e os máis de 90 músicos que conforman a banda silledense, baixo a dirección de Rafa Agulló. O directo explica que “É un espectáculo familiar para todas as idades, que xa rodou por moitos teatros do estado e do estranxeiro”. Na presentación do evento Agulló estivo acompañado polo presidente da Banda, Herminio Gómez, e a concelleira de Cultura, Mónica González.

Agulló destacou ademais as boas críticas do espectáculo na súa recente xira o pasado mes de novembro por Sudamérica. “Xa levabamos uns anos con idea de traelo a Silleda, e por fin se deron as circunstancias para poder facelo”.

Orquestra de malabares é un espectáculo que pon en escena a 6 malabaristas e unha banda, un concerto onde os malabares se converten en bailaríns dun ballet aéreo. Clarinetes, saxofóns e trompetas son os pintores dun cadro expresionista no que as bolas, mazas e aros debuxan no aire os sentimentos e emocións que transmiten as dúas artes.

A banda e os seus compoñentes, fóra da súa zona de confort, participan case como actores nun espectáculo teatral tocando temas e estilos fóra do común. Estilos como o funk, blues, pop, punk poñerán a nota a este espectáculo único “que será como en anos anteriores a mellor antesala para despedir o ano e dar a benvida a 2024”, engade Agulló quen anticipa que tamén participarán como en anos anteriores os alumnos e alumnas da EMUSI así como outros artistas locais aportando un toque novidoso.

Venda de entradas

As entradas para asistir ao espectáculo poñeranse á venda ao público o vindeiro mércores día 20, cun prezo de 12 euros (10 euros para persoas socias). Poderán mercarse os días 20, 21 e 22, e os días 26, 27 e 28 nas instalacións da Escola de Música de Silleda, en horario de 19:00 a 21:00 horas.

Dende a Banda de Música Municipal o seu presidente, Herminio Gómez, agradeceu a colaboración da Anpa Musiquiños, o Concello de Silleda, a Fundación Semana Verde e a Deputación de Pontevedra na celebración do concerto.

A concelleira de Cultura, Mónica González, tamén destacou a aposta da Banda de Música Municipal de Silleda “que cada ano nos sorprende con espectáculos innovadores e de primeiro nivel no concerto de Nadal” e animou ao público a asistir a esta cita, que cumpre xa 23 edicións.

Post navigation

Previous: A Deputación investirá máis de 7 millóns de euros no Barbanza
Next: Isaac Pérez Vázquez gaña o IX Concurso de Fotografía “Paisaxes de Boqueixón”

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.