Bisbarra, 13 de xuño do 2024 – O Concello de Silleda, en colaboración coa ONG Acción contra el hambre, organiza a segunda xornada de mulleres rurais “NOSOUTRAS. Sementando Cambio”.
Unha iniciativa que se enmarca no proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible. A cita terá lugar este venres 14 de xuño de 10.30 a 12.30 horas na Casa da Xuventude de silleda.
O obxectivo da xuntanza de Silleda é fomentar o coñecemento e a interacción entre as participantes a través de dinámicas grupais e individuais, promovendo un ambiente de colaboración e intercambio de ideas. Unha oportunidade única para que as mulleres rurais se reúnan, compartan as súas experiencias e exploren novas ideas para o desenvolvemento sostible da comarca.
A inscrición está aberta a todas as mulleres interesadas en participar, sen importar a súa dispoñibilidade para asistir a todas as sesións organizadas. Para inscribirse, as participantes deben cubrir este formulario https://goo.su/yHp4R que se poderá descargar tamén no sitio web do Concello de Silleda.
As persoas interesadas en obter máis información poden chamar ao teléfono 648 166 848 ou enviar un correo electrónico a arandolfe@accioncontraelhambre.org .