Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Silleda
  • Xeral

Tras anos de pugna legal Silleda concede licencia á gasolineira de Plenoil

concello-de-silleda-slide-17-abril-2024_r

Bisbarra, 19 de xuño do 2024 – Hai pouco máis de un ano que Plenoil aceptaba que non construiría a gasolineira no barrio do Campo de Silleda, agora consigue licencia nunha nova ubicación.

Silleda outorgou finalmente a Plenoil a  licenza de instalación de distribución ao por menor de produtos petrolíferos en réxime de desatendido. Estará situada nunha finca de Agro do Campo esquina coa EP 7201,  nas proximidades da rotonda da Muller labrega.

A Xunta de Goberno Local aprobou,  a licencia que permitirá a instalación de  dous surtidores así como de un cargador para vehículos eléctricos. Unha licencia que prolongouse durante anos e precisou de ata dous proxectos refundidos e autorizacións sectoriais do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda,  do Servizo de Infraestruturas de Vías Provinciais da Deputación de Pontevedra, de Infraestruturas Agrarias da Consellería de Medio Rural, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sustentabilidade e Cambio climático,  de AESA e de Hidroeléctrica de Silleda.

A tramitación do expediente, pola súa dificultade técnica,  levouse a cabo grazas a colaboración coa Deputación de Pontevedra, cuxas técnicas, logo dunha exhaustiva revisión de toda a documentación, e tras varios requirimentos feitos a Plenoil, emitiron finalmente informe favorable, que xunto ao informe favorable tamén da Secretaria municipal, permitiron poder aprobar a licencia.

As actuacións consistirán na instalación dunha unidade de servizo, constituída por unha área de subministración cunha edificación auxiliar de planta baixa de 22,96 m² e altura de 2,95 metros destinado a oficina, cuarto de instalacións, dous aseos, un deles accesible, e zona de pago-control.

A zona disporá tamén dunha marquesiña de protección aos usuarios,  cunha superficie total de cubrición de 250 m² cunha altura de 5,20 metros e dous (2) illotes onde se sitúan os surtidores.

Os depósitos para almacenar o combustible estarán  soterrados de xeito  independentes nun foso, cunha capacidade de 60.000 litros para Diésel e o outro cunha capacidade de 40.000 litros para Gasolina SP-95.

Ademais de estas obras,  que  teñen un  orzamento de execución material de 381.664,82 €,  levarase a cabo outro   proxecto construtivo de accesos a parcela, que tamén dispón de licencia e que ten  orzamento de execución material de 58.350,56 €. 

Este acceso, construirase sobre un viario municipal, con obriga de mellora do mesmo por parte da empresa, no fronte da parcela sobre a que se actúa.  Ademais desta obriga, fixada pola Lei, dende o goberno municipal,  estase a traballar con Plenoil para que amplíen esa zona de actuación, e  fagan a reparación deste vial en toda a súa lonxitude ata o primeiro cruce.

Ademais do compromiso de adecuación deste viario, coa concesión desta licencia se obriga á empresa  a que, para diminuír a visibilidade da instalación, se planten na  zona verde da parcela especies autóctonas, de modo que a zona teña un aspecto semellante ás formacións vexetais naturais.  Ademais, os noiros resultantes, contarán  coa mínima altura imprescindible e deban ser debidamente revexetados.

Coa licencia se exixe tamén, que se  faga  constar no rexistro da propiedade a vinculación da superficie á construción e ao uso autorizados, declarando indivisible a parcela e recollendo as limitacións ao uso e á edificabilidade impostas pola licencia, limitando  así crecementos desta explotación de produtos petrolíferos.

Post navigation

Previous: O Delegado do Goberno realiza unha visita institucional ao concello de Negreira
Next: Presentada a edición 2024 da Rapa das Bestas de Sabucedo

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.