Silleda, 3 de xaneiro do 2022 – Silleda ven mantendo reunións cos representantes sindicais dos trraballadores do Servizo de Axuda no Fogar para coñecer a súa situación na actualidade.
O SAF, Servizo de Axuda no Fogar, de Silleda denunciara impagos das nóminas por parte da concesionaria. Esta denuncia foi a que levou ao alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Benestar Social, Ángela Troitiño, a reunirse cas delegadas das traballadoras e co secretario comarcal da CIG, Antón Álvarez Merayo.
Dende o goberno municipal Manuel Cuiña explicou que os servizos técnicos xa están a estudar distintas cuestións e que se analizará toda a documentación que presente o personal para atopar unha solución . Tamén informou de todos os pasos dados polo Concello de Silleda dende que se coñeceron os embargos á empresa por parte da Seguridade Social.
“Dende o Concello de Silleda faremos todo o que esté nas nosas mans para poder pagar todos aqueles impagos que sexan certificados”, indica o rexedor.
O encontro foi solicitado días atrás pola CIG e as representantes das traballadoras. Nos vindeiros días, unha vez que se analice a documentación aportada, convocaráse un novo encontro para seguir avanzando no proceso.