займ срочно

Silleda inviste en vías do rural máis dun millón de euros

0

Bisbarra, 7 de febreiro do 2023 – Silleda acomete a mellora integral de varías vías do rural cun investimento de máis de un millón de euros, o maior da historia do concello.

O orzamento vai con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Realizaranse arranxos e melloras en 17 tramos do rural que alcanzan os 20 quilómetros de lonxitude. Os traballos comezaron este luns despois de limpar e preparar os diferentes tramos. Os primeiro lugar que recibe o aglomerado é a lugar da Devesa, dende o Centro de Saúde da Bandeira ata o enlace ca pista de San Brais.

O alcalde, Manuel Cuíña, declaraba que “É un investimento histórico na extensa rede viaria do noso rural. Nunca se fixo un esforzo coma este na mellora integral das pistas do termo municipal, que entre este proxecto e o que vén de rematar hai varios meses, suporá a reforma de máis de 35 kilómetros na extensa rede viaria de Silleda”.

Con esta actuación reformarase o vial da parroquia de Pazos dende a ponte do TAV ata o lugar de Quintás. Tamén en Martixe se mellorará todo o viario do núcleo de Martixe de Abaixo e en Manduas o lugar de Andamollo.

En Carboeiro realizarase o tramo dende Carboeiro de Francia ata o acceso ao mosteiro  e na  parroquia de Parada as obras de mellora viaria afectarán a dous tramos que discorren entre os lugares de Mediodaldea e Outeiro. Tamén en Ponte renovaranse outros dous tramos: o que vai dende Vilar ata Rosende e que une esta localidade ca parroquia de O Castro, discorrindo paralelamente á AP-53.

En Moalde arraxaránse as pistas que dan acceso aos lugares de Meda e San Xosé, e en Escuadro realizaránse obras nunha das pistas de maior lonxitude: o acceso a Paredes dende a estrada nacional 640, con case 3 kilómetros de lonxitude. E na parroquia de Fiestras o proxecto inclúe o arranxo integral do vial do lugar de Barcia.

Trasfontao, Santa Mariña e Laro

Tamén en Silleda se levará a cabo a mellora do viario que da acceso a Trasfontao, dende a N-525 ata o lugar de Costoia, xa na parroquia de Siador, ata o entronque co vial autonómico PO-201.

Outra das actuacións que completa este ambicioso proxecto para o rural levarase a cabo na parroquia de Graba, mellorando o acceso ao lugar de Santa Mariña, dende a estrada provincial a Forcarei ata esta aldea, pasando polos núcleos de Outeiro, Penalta e Fontao.

Competa a dotación a parroquia de Laro co arranxo de dous tramos: o que vai dende Pelures a Forcas e dende este último lugar ata Sante.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies