Silleda, 27 de marzo do 2019 – O Concello de Silleda, a través do departamento de Obras e Servizos, que dirixe Klaus Brey, vén de iniciar os traballos de limpeza das beirarrúas nos cascos urbanos
Operarios municipais equipados con novas máquinas limpadoras, adquiridas xa o pasado ano, iniciaron esta semana os traballos de limpeza das rúas e espazos públicos en Silleda, aproveitando o bo tempo.
Os traballos trasladaranse despois á vila da Bandeira. “Con estes novos equipos de limpeza, como xa se demostrou o pasado ano, mellorouse o servizo, cunha limpeza máis eficaz”, engade o concelleiro.