Bisbarra, 11 de outubro do 2023 – O Alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, e a emprendedora silledense Sandra Chao, asinaron o contrato de cesión de uso do primeiro dos despachos do viveiro de empresas de Área 33.

Sandra Chao será a primeira usuaria do viveiro. O seu despacho dedicarase á asesoría financeira. A Comunidade de Propietarios de Área 33 ten solicitado xa o uso de outro dos despachos, solicitude en fase de avaliación por parte da Comisión de seguimento.
Á estrea do viveiro acudiron, ademais de alcalde e empresaria, a Concelleira de Xestión Urbana, Medio Ambiente e Promoción Económica, Paula Fernández; e a Tenente de Alcalde, Mónica González, que celebraron o arranque de funcionamento do viveiro invitando a o uso do mesmo.
Cuíña explicou que “Neste momento temos 3 despachos totalmente equipados para que a nosa xente poida iniciar a súa empresa” dixo o Alcalde, lembrando que poden optar aos servizos do Viveiro non só empresas de nova ou recente creación, senón tamén como é o caso de Sandra Chao, aquelas empresas que aínda estean en proceso de constitución.
Para máis información poden consultarse as bases na web ou no taboleiro municipal ou dirixirse á Concellería de Xestión Urbana, Medio Ambiente e Promoción Económica a través do mail emprego@silleda.es.
