займ срочно

O Barrio do Campo en Silleda líbrase da instalación dunha gasolineira

0

Bisbarra, 17 de febreiro do 2023 – O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, comunicou á veciñanza do Barrio do Campo que Plenoil non instalará a gasolineira e buscará outra ubicación.

Cuiña dixo que  a búsqueda de outra ubicación para a gasolineira “é froito da xestión dos últimos meses pero tamén un triunfo da veciñanza que se mantivo firme”. Segundo explicou, a empresa ten previsto tramitar nas vindeiras datas os permisos pertinentes para a novo lugar.

Os veciños presentes amosaron a súa ledicia por este cambio despois de tres anos de loita para evitar a que a gasolineira se instalase no barrio. O pasado mes de outubro coñeceuse o fallo xudicial que estimou o recurso da firma Plenoil contra a decisión da Xunta de Galicia de non formular declaración de incidencia ambiental.

O goberno local, que se personou na causa, sempre mantivo que a ubicación, tan preto de vivendas e edificios, non era a axeitada e convidou dende o primeiro momento á empresa a buscar outras alternativas. 

O Concello de Silleda, que seguiu  en contacto cos veciños residentes nas inmediacións da parcela de Barrio do Campo dende que a empresa presentou o proxecto en outubro de 2019,  alegou en xaneiro de 2021 contra a ubicación da gasolineira, aducindo entre outros a proximidade a vivendas.

Un mes despois, en febreiro dese mesmo ano, a Consellería de Medio Ambiente resolveu que non procedía a declaración de incidencia ambiental  en base ao informe do Concello de data 14 de xaneiro de 2021 no que se advertía que o uso solicitado non era compatible co Plan Xeral aprobado provisionalmente para o municipio de Silleda.

 “Sempre dixemos que non nos gustaba a ubicación proposta, moi preto de vivendas”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña, Plenoil recorreu a decisión autonómica, nunha demanda na que tamén se personou o Concello de Silleda e os veciños da contorna. Ese recurso dou pé á sentenza do pasado mes de outubro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies