Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Silleda
  • Xeral

O raxo protagonizará unha nova festa gastronómica na bisbarra

A parroquia de Graba, en Silleda, acollerá o 1 de abril a Festa do raxo que se suma aos eventos gastronómicos da bisbarra de Compostela.
SILLEDA-FESTA-DO-RAXO-slide-normal-14-MARZO-2023_r

Bisbarra, 14 de marzo do 2023 – A parroquia de Graba, en Silleda, acollerá o 1 de abril a Festa do raxo que se suma aos eventos gastronómicos da bisbarra de Compostela.

Organizada pola Asociación Socio Cultural Coto do Castelo, a Festa do raxo celebrarase no campo da festa a partir das dez da noite o que supón tamén unha novidades en este tipo de citas.

O evento foi presentado no concello de Silleda polo presidente da Asociación, Martiño Novo Canda; o vocal Daniel Areán Filloy;  o alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Cultura, Mónica González.

Martiño Novo explicou que “En Graba viñamos celebrando en agosto a Festa do Bolo Preñado e o Mexilón, se ben son produtos con pouco arraigo, por iso decidimos apostar polo raxo”. Engade que se trata dunha aposta polo sector porcino e lembra que “o raxo é un dos produtos que máis gustan e con máis tradición”.

Pola súa banda o alcalde, Manuel Cuiña, felicitou á entidade organizadora, ca que colabora o Concello de Silleda, por esta nova aposta, con máis relación co territorio, e á que desexou unha longa vida.

Con este cambio tamén nas datas, a asociación busca tamén  “desestacionalizar as celebracións gastronómicas, que adoitan celebrarse todas no verán”. A festa terá lugar o 1 de abril pola noite, a partir das 22:00 horas, cun menú composto por raxo de porco con patacas fritidas e pementos, sobremesa, bebida, pan e café, a un prezo de 15 euros por persoa (10 euros para nenos e nenas menores de 10 anos).

Tamén haberá servizo de polbeiro. Os tickets poden retirarse na Taberna de Graba; Cobideza; Agroservizos Alberto; Decores e Doar. Para máis información as persoas interesadas poden chamar aos teléfonos 669 295 340 ou 689 374 614. A Festa do Raxo estará amenizada polo dúo Aires de Broña e o DJ Marcos Kintana.

Post navigation

Previous: Nace unha Plataforma de afectados pola Mina de San Finx
Next: Teatro do Noroeste volve a Compostela con “O último verán en Santa Cristina” e falamos co seu director, Eduardo Alonso.

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.