Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Silleda
  • Xeral

Entroido de Silleda 2025

entroido silleda 2025 slide

Bisbarra, 18 de febreiro do 2025 – O Entroido volta a Silleda nas vindeiras semanas con novas propostas e o tradicional entroido da Ulla nas localidades da Bandeira e Lamela, unha celebración declarada de Interese Turístico de Galicia dende hai máis dunha década.

A primeira das citas será o vindeiro sábado 22 de febreiro en Lamela, onde a Asociación Anxela organiza o Alto dos Xenerais no campo da festa ás 17:30 horas. De forma previa, ás 16:30 horas, partirá o desfile dende Barravaite con premios aos mellores disfraces. A velada estará amenizada por DJ Calwin.

O xoves 27 de febreiro chega o Entroido de namorar no Centro Social dos Maiores de Bandeira a partir das 18:00h, con inscricións abertas ata o 23 de febreiro. Na fin de semana grande do Entroido, A Bandeira e Silleda concentrarán as actividades da programación.

Cabezudos,  Vellada, Carnabares e Alto dos Xenerais

O venres 28 de febreiro, os cabezudos adiántase este ano saíndo á Praza Juan Salgueiro de Bandeira ás 18:00h e acto seguido terá lugar a partir das 18:30h o acto de inauguración do entroido con Cristina Collazo e as nenas e nenos da Escola de Xenerais.

Ás 20:00 volta a Vellada ás rúas da Bandeira, con percorrido polos bares acompañado das actuacións dun grupo de foliada e a Charanga Mocidade da Bandeira. 

Tamén dende este día e ata o martes de Entroido os locais de hostalería de Silleda servirán tapas típicas de entroido, coa iniciativa de ECOS CarnaBares, que acada xa a súa cuarta edición. Ademais, con CarnaBares actívase un concurso de disfraces que repartirá máis de 1.100 euros en premios consistentes en vales para mercar no comercio e a hostalería local, aportados polo Concello de Silleda, e que se estenderá durante todos os días de Entroido.

Para participar neste concurso, o público debe facer unha fotografía nos establecementos que participan en “Carnabares” e subila á rede social Instagram co hashtag #carnabares25. Animarán  as rúas de Silleda o venres 28 a partir das 21:30 horas as charangas Varacuncas e MIL9.

Na Bandeira, o día grande será o sábado 1 de marzo, onde ás 15:30 horas comezarán as inscricións para as comparsas e carrozas, que partirán no desfile encabezados polos Xenerais da Ulla, dende a praza Vales Mahía ás 16:00 horas en Bandeira.

Ao remate do desfile, as celebracións trasladaranse á praza do Entroido. O Alto Infantil -preparado dende a Escola de Xenerais da Bandeira abrirá ás 18:00h a agardada batalla dialéctica das tropas do entroido, co Alto dos Xenerais.

A partir das 20:00 horas terá lugar o baile de disfraces na mesma localización, amenizado pola Charanga BB+, un dúo e un dj.

 As actividades están organizadas dende a Asociación dos Xenerais do Entroido da Bandeira. Durante a velada entregaranse tamén os premios aos mellores grupos, comparsas e disfraces.

Venres sombreireiro e Pixamada

Como novidade en Silleda, o venres 28 tamén se celebra o Venres Sombreireiro, ca presentación dunha nova personaxe. E o sábado convídase á veciñanza a acudir en pixama a tomar o vermú polos bares da vila

Domingo de Baldreus con xantar en Silleda e bailes infantís

O día 2,  domingo  de Entroido, a vila de Silleda será a protagonista co domingo de Baldréus, unha iniciativa que se estreou con gran éxito en 2023 da man do colectivo SIC Iniciativas Culturais .

A xornada comezará ás 08:30 horas coa Alborada dos Baldréus na Carballeira das Pedrosas. A festa continuará a partir das 12:00h co Vermú de Mandís, amenizada por Charanga Charandonga. Ás 14:30 horas, chega un xantar popular na carpa que se instalará na Praza Juan Salgueiro. Pola tarde, na sobremesa haberá a Poxa da Salazón, con poxa de pezas do porco, e a partir das 18:00 horas chegará o pasarrúas dos Baldréus, unha figura que naceu hai xa tres anos con vontade de crear unha representación propia na vila de Silleda e o Demo de Carboeiro e que este ano estreará novas figuras. Ao remate haberá animación musical con Dúo Meritxell e DJ Calwin.

O luns de entroido volta a tradicional festa infantil da Asociación Cultural Vista Alegre da Bandeira, a partir das 17:00 horas, no que este ano a maxia será protagonista da man do Mago Richard. Os cativos poderán desfrutar dunha merenda.

A programación do Entroido no municipio de Silleda  seguirá o martes de Entroido, día 4, cunha festa infantil organizada polo Concello que se celebrará tamén na carpa da praza Juan Salgueiro, con xogos tradicionais e disco móbil infantil.

O venres 7 de marzo, ás 21:00 horas despedirase o entroido en Silleda  coa Queima do Vello Baldréu.

Post navigation

Previous: 289.000 euros para un novo tramo da Vía Verde en Santiago
Next: Entroido de Ames 2025

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.