Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Entroido
  • Silleda
  • Xeral

Silleda leva o Entroido a todo o concello

Silleda ven de presentar un amplo programa de Entroido que terá coma protagonistas aos Xenerais da Ulla nas localidades de Bandeira e Lamela.
silleda-entroido-slide-6-febreiro-2023_r

Bisbarra, 7 de febreiro do 2023 – Silleda ven de presentar un amplo programa de Entroido que terá coma protagonistas aos Xenerais da Ulla nas localidades de Bandeira e Lamela.

Membros dos distintos colectivos organizadores presentaron xunto co alcalde, Manuel Cuiña e a concelleira de Cultura, Mónica González, a ampla programación do Entroido de Silleda. A música, a gastronomía e actividades concretas para os cativos forman parte este ano da axenda.

A primeira das citas será este mesmo sábado 11 en Lamela, onde a asociación Anxela organiza o Alto dos Xenerais no campo da festa ás 17:30 horas. Unha hora antes partirá o desfile dende Barravaite con premios aos mellores disfraces. Pola noite celebrarse unha cea de entroido (15 euros para adultos e 10 para menores de 12 anos) e a verbena estará amenizada por Pachi e DJ Houses.

Tamén na mesma xornada a parroquia de Abades, da man da Asociación Veciñal A Costa celebra un xantar de entroido ás 14:00 horas

O xoves 16 terá lugar o xantar e baile de Entroido para os maiores no restaurante Coteliño, amenizado polo dúo Punto Cero. Haberá premios aos mellores disfraces e para asistir (o prezo é de 20 euros por persoa) hai que anotarse no Centro Social dos Maiores de Silleda antes do vindeiro día 14.

Vellada, cabezudos e Alto dos Xenerais

O venres 17 volta a Vellada e Filloada ás rúas da Bandeira, con pasarrúas acompañado de charanga.  O día grande será o sábado 18 onde xa pola mañá desfilarán polas rúas os xigantes e cabezudos.

Ás 15:40 comezará a inscricións para as comparsas e carrozas que partirán no desfile encabezado polos Xerais dende a praza Vales Mahía ás 16:30 horas. O desfile pasará pola rúa Ramón de Valenzuela e rematará como sempre na praza da vila onde o Alto Infantil abrirá ás 17:30 a agardada batalla dialéctica das tropas do entroido, co Alto dos Xenerais.

A partir das 20:00 horas terá lugar o baile de disfraces na propia praza amenizado pola charanga BB+ e os DJ’s Cid, Carlos López e Calwin. As actividades están organizadas dende a Asociación dos Xenerais do Entroido da Bandeira. Durante a velada entregaránse tamén os premios aos mellores grupos, comparsas e disfraces.

Concurso nos CarnaBares

Tamén dende o venres 17  e ata o martes de Entroido os locais de hostalería servirán tapas típicas de entroido tanto en Silleda como na Bandeira, coa iniciativa de ECOS CarnaBares, que se estreou con éxito o pasado ano. Ademais, con CarnaBares actívase un concurso de disfraces que repartirá máis de 1.100 euros en premios consistentes en vales para mercar no comercio e a hostalería local, aportados polo Concello de Silleda,  e que se extenderá durante todos os días de Entroido.

Para participar neste concurso o público debe facer unha fotografía nos establecementos que participan en “Carnabares” e subila a Instagram co hagstag #carnabares23. Os premios concederanse ás propostas que reciban máis votos do público. O venres 17 animará as rúas de Silleda a charanga Os Bandiños, a partir das 21:00 horas.

Estrea do Domingo de Baldreus e xantar en Silleda e bailes infantís

O día 19 domingo  a vila de Silleda será a protagonista co domingo de Baldreus, unha iniciativa que xurde da man do colectivo SIC Iniciativas Culturais en colaboración co Concello de Silleda e distintos colectivos (Asociación Cultural O Lacón, Banda de Música Municipal de Silleda, ECOS, Anpa Raparigos e a SD Silleda).

A xornada comezará ás 13:00 horas co Vermú de Mandís, amenizada por Cé Fantasma. Ás 14:30 horas chega “Diantre de grella”, un xantar popular na carpa que se instalará na praza Juan Salgueiro. Pola tarde, na sobremesa haberá a Poxa da salazón, con poxa de pezas do porco, e a partir das 17:30 horas un pasarrúas dos Baldreus, unha figura que nace con vontade de crear unha representación propia na vila de silleda e o Demo de Carboeiro. Non faltará de novo na carpa a “Merencea Endemoñada” e o remate musical cun “antikaraoke de música pagá”.

O luns de entroido volta a tradicional festa infantil da Asociación Cultural Vista Alegre da Bandeira, a partir das 17:00 horas.

A programación do Entroido no municipio de Silleda rematará o martes de Entroido, día 21, cunha festa infantil organizada polo Concello que se celebrará tamén na carpa da praza Juan Salgueiro.

Post navigation

Previous: A Deputación ampliará a ponte sobre o río Tambre entre Negreira e Brión
Next: Oroso presenta un Entroido no que cabe todo

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.