Bisbarra, 24 de novembro do 2022 – O departamento de educación e igualdade do concello de Silleda organiza o 1 de decembro unha sesión formativa sobre estereotipos de xénero e Nadal.

A casa da Xuventude acollerá este evento a partir das sete e media da tarde. Para participar é preciso inscribirse chamando ao 986 592037. A formación será impartida por Paula Rivela Licenciada en Historia pola USC, Máster en Igualdade e non discriminación pola UNED, e persoal docente acreditado para a formación en materia de igualdade e prevención e
loita contra a violencia de xénero, con máis de 3.000 horas impartidas en este tipo de formación.
En canto aos contidos do curso, a sesión xirará sobre as compras de xoguetes e de agasallos para o Nadal dende a perspectiva de xénero. Partirase da análise da publicidade ata chegar á propia escolla dos produtos, achegando ás familias á reflexión e a un xeito de mercar máis consciente.
Esta iniciativa enmárcase nas distintas accións que se están a levar a cabo en materia de Educación e Igualdade dende o Concello de Silleda, con actividades en todos os centros e foros como a Escola de Familias, onde se abordarán outras moitas cuestións, entre elas o fomento da igualdade.