займ срочно

Silleda convoca o concurso de microrrelatos que xirará en torno á paz

0

Silleda, 12 de abril do 2022 – O concello de Silleda abrirá o vindeiro día 18 o prazo de presentación de orixinais ao concurso de microrrelatos para a veciñanza do municipio.

Organizado pola Concellería de Normalización Lingüística, que dirixe Ángela Troitiño, está dirixido a persoas maiores de seis anos empadroadas no concello. O concurso de microrrelatos chega este ano a súa décima edición.

Ao igual que en anos anteriores establécense dúas categorías: de 6 a 12 anos e de 13 anos en diante. O lema deste ano é “A Paz” e o xurado valorará a orixinalidade e creatividade dos textos, que deberán de estar escritos íntegramente en galego.

Poderán presentarse en dous formatos: escrito a ordenador (cun máximo de 500 caracteres) ou a man (cun máximo de 100 palabras).  Presentaránse en DIN A 4, firmados con pseudónimo e metidos en sobre pechado no que se incluirá aparte datos do autor/a (nome, DNI, teléfono, enderezo…).

Os traballos, acompañados dun anexo que deberán de cubrir as persoas participantes, deben enviarse ao mail info@silleda.gal e de xeito excepcional poderán entregarse tamén no Rexistro municipal.

Microrrelatos ata o 13 de maio

O prazo que abrirá o vindeiro día 18 rematará o 13 de maio. Os gañadores ou gañadoras de cada categoría recibirán como premio unha tablet valorada en 100 euros e vales de compra de 20 euros para canxear en comercios do municipio de Silleda. Ademais, se pertencen a algún centro educativo do Concello de Silleda entregarase outro vale de 50 euros para mercar libros en galego para o citado centro, en establecementos do municipio.

O xurado encargado de elixir os traballos gañadores estará formado por profesionais dos medios de comunicación e a concelleira  de Normalización Lingüística.

O fallo darase a coñecer ao longo do mes de maio. “O fomento da creatividade e do uso da lingua galega entre os máis novos seguen a ser os obxectivos desta proposta que retomamos agora e que vén contando nos últimos anos cunha alta participación”, comenta a concelleira.

As bases do certame así coma o anexo publicanrase tamén na web municipal silleda.gal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies