Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Silleda
  • Xeral

Terceira edición do Concurso de decoración de Nadal de Silleda

– Máis de tres mil euros en premios destinará o goberno municipal de Silleda á terceira edición do  concurso de decoración de Nadal.
silleda-concurso-nadal-slide-12-novembro-2020_r

Bisbarra, 21 de outubro do 2022 – Máis de tres mil euros en premios destinará o goberno municipal de Silleda á terceira edición do  concurso de decoración de Nadal.

O certame #SilledaFaiNadal contará cunha categoría  individual para decorar vivendas, balcóns ou fachadas; e outra colectiva na que se poderán elixir espazos públicos. O prazo estará aberto durante todo o mes de novembro.

O obxectivo e promover a creatividade da veciñanza ao tempo que se axuda ao comercio e a hostalería local. O resultado busca “infundir un ambiente propio do Nadal en distintos espazos da vila”. As bases do certame foron aprobadas xa en Xunta de Goberno Local e  establecen un reparto de premios que amplía a contía ata os 3.175 euros, (1.100 euros máis que nas edicións anteriores)  .

As decoracións serán visibles dende o exterior, e estar instaladas, como mínimo dende o 15 de decembro ata o 5 de xaneiro de 2023. Admitiranse todo tipo de materiais para a construción da ornamentación e valoraranse especialmente a orixinalidade, deseño, uso de ornamentos feitos a man ou con material de refugallo, así como a interculturalidade dos decorados.

No caso de contar con iluminación, seguindo ca filosofía da decoración das rúas que se realizará este ano, xunto co CDR de Cogami en Medelo, esta será con luminarias fotovoltaicas ou de tecnoloxía LED de baixo consumo.

As bases e o anexo de inscrición estarán tamén dispoñibles na web municipal.

En cada unha das categorías establécense 3 premios, todos eles para gastar nos comercios ou nos locales de  hostalería situados no municipio silledense. Na colectiva haberá un primeiro premio de 1.000 euros, un segundo de 700 e un terceiro de 500 euros. Na individual os premios serán respectivamente de 500, 300 e 175 euros. O xurado estará formado por integrantes de asociacións ou colectivos que non participen no concurso e por un representante do Concello, con voz pero sen voto, así como por un técnico municipal, que actuará como secretario/a.

Post navigation

Previous: A Granell inaugura a mostra “Pánico no museo” de María Meijide
Next: A rotonda de Conxo, en Compostela, ten proxecto pero non consenso

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.