займ срочно

Club de lectura feminista Máis Violeta en Silleda

0

Bisbarra, 14 de setembro do 2022 – O concello de Silleda ven de abrir a inscrición no Club de lectura feminista Máis Violeta.

Máis Violeta está coordinado polo Centro de Información á Muller (CIM) de Silleda e o departamento municipal de Igualdade, que dirixe Ángela Troitiño. Todas as persoas que queiran participar nas sesións, con xuntanzas cada quince días na biblioteca municipal Daniel Castelao, poden inscribirse dende o vindeiro xoves día 15 e ata o 28 deste mes.

Para formalizar a inscrición nesta iniciativa de dinamización lectora ca igualdade como protagonista, as persoas interesadas poden chamar ao 986 592037 ou ben enviar un mail a cim@silleda.es.

Dende Máis Violeta lémbrase que o feminismo, insertado na literatura é un poderoso vehículo de reivindicación e cohesión. Con esta premisa arranca unha segunda edición deste club de lectura, no que se compartirán experiencias e contidos para tratar de mudar as cousas, constituíndo unha comunidade baseada na sororidade e no feminismo.

Os títulos que se analizarán abordarán diferentes temáticas, sempre co obxectivo de crear debate e un pensamento crítico.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies