займ срочно

Silleda construirá un centro acuático e deportivo

0

Bisbarra, 14 de novembro do 2022 – O concello de Silleda ven de iniciar os trámites para dotar ao municipio dun centro acuático e deportivo.

Silleda contará en este centro acuático cunha piscina climatizada. O primeiro paso foi obter un estudo de viabilidade onde se recollen todos os datos sobre custes, as potenciais persoas usuarias, e outros parámetros de cara a contar con estas instalacións.

O estudo establece a dotación dun centro acuático deportivo que se construirá na zona na parcela municipal situada ao carón da planta de produción da Rede de Calor con Biomasa. O plan establece un edificio cunha superficie aproximada de 900 metros cadrados, cun coste de construción estimado en 1. 083.129 euros.

O centro acuático deportivo contará cunha piscina climatizada de 25×12 metros, así como salas técnicas e outras dous para realizar distintas actividades deportivas, ademais de vestiarios ou sala de recepción. Para atender este futuro centro, establécese a creación de 11 novos postos de traballo de forma directa.

A proximidade á Rede de Calor con biomasa permitirá ademais reducir ao 50% o custe do consumo enerxético da instalación. “Como sempre dixemos , a nosa Rede de Calor, pioneira en Galicia, vai a facer máis viable esta instalación, pola que Silleda leva anos agardando, e que permitirá a veciñanza de Silleda e outras zonas limítrofes dispoñer deste servizo, moi demandando”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

O estudo establece un número de potenciais usuarios que se sitúa en 1.077 persoas ao ano, tendo en conta ademais a realización de cursos de natación, a maiores do servizo para o público en xeral, fixando ademais taxas e bonos para as persoas usuarias.

Construción e xestión

Para a consecución da piscina climatizada e o centro deportivo usarase unha fórmula combinada de construción e xestión, que sairían a concurso por un prazo estimado de 40 anos.

 “Utilizaríase unha fórmula similar a que se realizou ca Residencia de Maiores de Silleda”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, “o que nos permitiría contar con este servizo a través do contrato de concesión”, engade. Unha vez realizado o estudo, no que se estivo a traballar durante os últimos meses, o seguinte paso será a elaboración dos pregos para poder licitar esta actuación.

“A piscina climatizada é unha das actuacións máis agardadas e demandadas pola veciñanza. Silleda mellorará considerablemente os seus servizos cando esta dotación, para a que xa se deu un paso moi importante con este estudo de viabilidade, abra a súas portas”, indica Cuiña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies