Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Silleda
  • Xeral

Danza e violonchelo no Mosteiro de Carboeiro

Silleda Monasterio Carboeiro normal 9 agosto 2017_DSC9665_r

Carboeiro acolle o vindeiro venres día 12 o espectáculo Suit(e), unha creación de Millán Abeledo e Nuria Sotelo que une danza e violoncello

Imaxe de arquivo dunha presentación en Carboeiro

O vindeiro venres día 12 de setembro ás 20:00 horas, o Mosteiro de Carboeiro  converterase nun escenario de encontro entre danza e música coa presentación de Suit(e), unha proposta artística que mestura a intensidade da danza contemporánea coa forza expresiva do violoncello, da man do músico silledense Millán Abeledo e a bailarina Nuria Sotelo.

Suit(e) integra composicións de Johann Sebastian Bach con obras de referencia para violoncello de Gaspar Cassadó, György Ligeti, Henri Dutilleux ou Benjamin Britten, así como unha peza específica do compositor Manuel López, concibida para este proxecto.

Este traballo naceu dunha residencia artística de catro meses que culminou coa súa estrea no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela o pasado 29 de abril, dentro do Ciclo de Músicas Contemporáneas.

O espectáculo enmárcase no IV Ciclo de Artes Vivas de Mediación e Exhibición, organizado coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), e coa colaboración do Concello de Silleda.

A actividade é aberta a todos os públicos, convidando á cidadanía a descubrir a forza da creación contemporánea nun espazo único como é o Mosteiro de Carboeiro.

Millán Abeledo, violoncellista silledense, forma parte desde 2014 da Real Filharmonía de Galicia. Compaxina a súa actividade orquestral coa docencia, a música de cámara e a divulgación, colaborando en diversas formacións.

Nuria Sotelo é bailarina, coreógrafa e directora artística da compañía Furia Sotelo, con ampla traxectoria en proxectos escénicos, sociais e comunitarios. O seu traballo foi recoñecido con premios como o Certame Coreográfico de Madrid ou o Premio de Interpretación Maruja Villanueva.

Post navigation

Previous: Ryanair voou
Next: O Festival Ateneo Barroco regresa en outubro

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.