займ срочно

“Zapatos” de Caramuxo Teatro este sábado en Silleda

0

Bisbarra, 31 de agosto do 2022 – A compañía Caramuxo Teatro presenta este sábado, na Casa da Xuventude de  Silleda a peza “zapatos”, pensada para nenos de 1 a 4 anos.

A función forma parte do proxecto o Primeiro Camiño dentro do programa “O teu Xacobeo”. Haberá dúas funcións de “Zapatos” ás 17:30 e ás 18:30 horas.

“Zapatos” é un espectáculo recomendado pola Rede Nacional de Teatro, e que obtivo ademais unha mención especial do xurado no Festival Internacional Val D’Albaida. Con esta actividade, dende o departamento municipal de Cultura ábrese a programación do mes de setembro, que contará con máis actividades para o público máis novo.

Caramuxo Teatro é unha compañía de teatro infantil e familiar creada na Coruña en 2003. Os seus espectáculos, cun carácter poético e visual, están ideados para desfrutar en familia, tendo unha especial responsabilidade co público máis novo, ademais de ser unha compañía pioneira en Galicia neste formato.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies