займ срочно

Silleda alegará contra os eólicos de Outeiro Grande e Monte Festeiros

0

Bisbarra, 15 de setembro do 2023 – O concello de Silleda presentará alegacións contra aliña de alta tensión, LAT, prevista para os proxectos eólicos de Outeiro Grande e Monte Festeiros.

Estes parques eólicos afectarían aos concellos de Silleda, A Estrada e Forcarei. Nas alegacións o Concello de Silleda defende que a LAT remate na subestación de Beariz.

Por unha banda Silleda considera que non se pode aprobar a utilidade pública do proxecto en base a utilidade social da enerxía xa que unha cousa é a enerxía e outra a infraestrutura. O goberno municipal critica ademais que se use esa utilidade pública para a “expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento e da imposición e exercicio da servidume de paso”.

Por outra banda nas alegacións faise referencia aos lugares de paso elixido e dise que no caso de Silleda a LAT proxectada, non discorren por zonas de montaña que non teñen outros recursos nin opcións de desenvolvemento como se explica na documentación  “todo o contrario, o territorio dispón de recursos e posibilidades de desenvolvemento”.

O concello tamén fai referencia ao Decreto 19/2011, no que se ordenan os tendidos eléctricos. Existe a obriga de que existindo unha liña sexa desdobrada antes que a construción dunha nova. Cando iso non sexa posible instalarase a nova LAT o máis preto posible da existente e en paralelo. A liña proxectada non acata estes criterios recollidos na Lei de Ordenación do territorio.

A última batería de alegacións van dirixidas contra os presuntos beneficios da LAT e a vontade de potenciar ao concello. Desde o equipo de goberno explícase que “a infraestrutura de transporte proxectada, polo menos no ámbito territorial do municipio de Silleda, non parece que busque potenciar os seus elementos identitarios e diferenciadores, e ante o rexeitamento social manifesto, tampouco se estima que reforce e potencie o benestar colectivo”.

Silleda remata o documento de alegacións pedindo “o rexeitamento do Proxecto de Interese Autonómico para a Solución de evacuación conxunta dos parques eólicos de Outeiro Grande e Monte Festeiros”.

Ao mesmo tempo solicita que se proceda á modificación do trazado da infraestrutura de transporte en favor de avaliar a alternativa que se presenta, dirección sur cara SEC Paraño.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies