Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Silleda

Silleda aforrou nos últimos tres anos 900.000 euros

Silleda creacion de emprego_DSC9603 slide 1 febreiro 2017_r

Table of Contents

Toggle
  • Silleda, 29 de marzo do 2017 –   O goberno municipal de Silleda dará conta no Pleno ordinario do xoves día 30 da liquidación do exercicio de 2016, que arroxa un ano máis un resultado positivo. Este sitúase en 163.146, 43 euros.
    • Análise do remanente

Silleda, 29 de marzo do 2017 –   O goberno municipal de Silleda dará conta no Pleno ordinario do xoves día 30 da liquidación do exercicio de 2016, que arroxa un ano máis un resultado positivo. Este sitúase en 163.146, 43 euros.

“De novo volvemos a pechar un exercicio en positivo e mellorando ano tras anos a xestión económica do Concello de Silleda”, indica o alcalde e responsable municipal de Facenda, Manuel Cuiña.

En canto aos dereitos recoñecidos netos do exercicio de 2016, o que se ingresou, a cifra sitúase en 6.339.174,66 euros, mentres que as obrigas recoñecidas netas (o que se pagou) situáronse en 6.176.028,23 euros.

No tocante aos gastos, no informe de Intervención reséñase que os pagos realizados supoñen o 94,57% das obrigas recoñecidas, “un importante grado de execución do gasto, o que significa que o orzamento de 2016 estaba ben plantexado, tal e como se demostra ahora na liquidación”, indica o alcalde.

Por capítulos, en gastos destaca o aforro en os gastos financieiros e por outra banda o pago de sentenzas condenatorias redúxose significativamente respecto a 2015.

A liquidación tamén recolle o aumento dos fondos destinados a inversións reais (pasando de 1.068.301,49 euros en 2015 aos 1.225.401 euros executados o pasado ano 2016).

En canto á execución do orzamento de  ingresos, a recadación de impostos directos diminuíu,  pasando de 1.962.462,89 a 1.894.889,64 euros, nun ano no que o tipo impositivo pasou do 0,60 ao 0,53. Sí se produxo un aumento en impostos indirectos  (de 58.288 a 89.804 euros) ao rexistrarse un incremento de licenzas de obra.

Tamén se incrementou o apartado de taxas, onde destaca o aumento da cantidade por uso privativo do solo, subsoló ou voo en vías públicas (que se cobra as operadoras de enerxía e telecomunicacións). Tamén se incrementaron as transferencias de capital ao recibirse máis subvencións doutras Administracións.

Análise do remanente

O remanente de Tesoureiría, magnitude que mide a solvencia económica da entidade tendo en conta distintos baremos (os fondos disponibles e os que se deben) é un dos indicadores máis relevantes da liquidación orzamentaria. A cifra sitúase na liquidación en 542.727,65 euros (no 2015 foi de 389.748,66 euros.

“Se se ten en conta que no ano 2013 o remanente estaba aínda en números negativos, con -396.327,10 euros, o aforro total e a contención do gasto nestes últimos tres anos ronda os 900.000 euros”, indica o alcalde, que amosa a súa satisfacción “por acadar estes datos tan positivos para a economía municipal, por ser capaces de sacar a esta Administración local dos números roxos nos que estivo durante anos sumida”, engade.

Cuiña lembra que no 2014 se presentou un orzamento con supéravit pola mesma cantidade que o remanente negativo e dende aquela o resultado foi en progresión. Así, o remanente de tesoureiría foi xa positivo en 2014, con 196.116,16 euros; en 2015 situouse en 389.748, 66 e en 2016 aumentou ata os 542.727,65 euros, “nunha clara progresión que reflexa a melloría das contas”, engade.

“A reordenación das contas, a mellora na xestión dos tributos ou o establecemento de taxas para as grandes compañías que ata hai pouco non deixaban nin un euro en Silleda están detrás deste éxito, xunto coas políticas de aforro e a contención do gasto”, sentencia o alcalde.

No Pleno de mañá, no que tamén se someterán á aprobación as bases específicas que rexerán o funcionamento do programa de alimentos e do roupeiro municipal, ou o convenio coa Consellería de Sanidade para a cesión do Centro de Sáude.

Post navigation

Previous: Pacto X Ames reclama descontos no recibo do lixo polos problemas na recollida
Next: O proxecto Dragal leva obradoiros de toponimia aos centros participantes

Máis novas

silleda achado arqueoloxico slide 30 setembro 2026
5 minutes read
  • Xeral

Silleda descobre unha necrópole medieval na praza da Igrexa

silleda presentacion festa da empanada bandeira 25 xullo 2026
2 minutes read
  • Axenda

A Festa da Empanada cumpre 50 anos

Cartel do certae música a fartar en Bandeira, Silleda
2 minutes read
  • Xeral

 “Música a fartar” na vila da Bandeira

Presentación da edición trinta e seis da Romaría da Rapazada en Silleda
5 minutes read
  • Xeral

36ª Romaría da Rapazada

Presentación da ruta de clásicos que partirá de Silleda
3 minutes read
  • Xeral

XVIII Ruta Turística A Lanzada, de vehículos clásicos,

silleda vandalismo carboeiro 7 abril 2026 (1)
3 minutes read
  • Silleda

Vandalizan o Mosteiro de Carboeiro en Silleda

LUIS PENIDO PREMIO EUROPEO 6 FEBREIRO 2026
3 minutes read
  • Compostela

O Consejo Superior de Deportes recoñece a Luís Penido e Christian Costoya como deportistas de alto nivel

silleda entroido 2026
4 minutes read
  • Axenda

A tradición do Entroido do Ulla comeza o 7 en Silleda

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.