Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Silleda
  • Xeral

María de Nicasio será a (IN) VISIBLE 8M 2025 en Silleda

silleda 8m SLIDE 7 marzo 2025

María Fernández, máis coñecida por María de Nicasio, recibirá o galardón este sábado dentro dos actos conmemorativos do 8M

O Concello de Silleda vén de elixir como (IN) Visible 8M a María Fernández Martínez. Coñecida por toda a veciñanza como a señora María de Nicasio, esta muller  é un todo un exemplo de resiliencia, e encarna á perfección as mulleres anónimas do rural que loitaron toda a vida por sacar adiante a familia en tempos complicados.

Ainda que naceu en Touro en 1930, María e a súa familia están afincadas dende hai moitos anos na Bandeira, onde continuou formando unha gran familia con  13 fillos, 26 netos/as, 27 bisnetos/as e a día de hoxe tamén dúas tataranetas.

María trasladouse a Silleda en 1963, para traballar xunto co seu home como caseiros na parroquia de San Tirso de Mánduas. Alí traballaron entre outros os bens da Casa de Nicasio, no lugar da Devesa, da que tomou o alcume a súa familia. Ademais de traballar na de Nicasio, a señora María tamén traballaba as terras doutras familias e axudando en locais de hostalería para sacar adiante á familia.

María foi unha autentica malabarista co seu tempo, e unha experta en conciliar a vida laboral e familiar nunha sociedade ben distinta á de agora. En 1975, cando xa tiña 45 anos conseguiu  iniciar a construción da  súa propia casa no lugar que aínda hoxe reside, na estrada de Moalde, na Bandeira.

Pese aos duros  golpes da vida (perdeu 4 fillos e un neto) María sempre conseguiu superarse. Muller valente  cunha personalidade arrolladora, María segue a ser un exemplo de superación e esforzo, moi querida por toda a veciñanza. 

Pintando Igualdade e vermú con Señora DJ

A xornada de hoxe venres contará cunha visita de persoal municipal ao Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero, reforzando o compromiso do Concello de Silleda coa loita contra a violencia machista. Pola noite, a Praza Juan Salgueiro da Bandeira iluminarase en cor violeta como símbolo de apoio á igualdade de dereitos das mulleres.

Mañá sábado 8 de marzo, data central da conmemoración, celebrarase un acto de homenaxe á María Fernández persoa elixida este ano como (IN) Visible 8M, acompañado da  performance “Pintando Igualdade” , unha iniciativa artística ” en colaboración con varias pintoras locais que deixarán a súa impronta pola igualdade en regadeiras violetas.

A continuación, ás 13:00 horas, terá lugar un vermú musical a cargo de SEÑORA DJ, que encherá o ambiente de música e reivindicación feminista.

Este será o acto central da programación do 8M en Silleda que continúa a vindeira semana con iniciativas como  a entrega de  material de igualdade e recursos nas bibliotecas feministas, a presentación o xoves día 6 do proxecto piloto “Urbanismo de Xénero”, unha proposta innovadora que analiza como o deseño urbano pode influír na seguridade e accesibilidade das mulleres no espazo público. A cita, será ás 12:00 horas no Salón de Actos da Casa do Concello.

Para pechar a programación, o domingo 9 de marzo ás 19:00 horas, o Auditorio Manuel Dopazo acollerá a representación teatral de “Bravas”, unha obra da actriz e cómica Isabel Risco, que combina humor e crítica social para abordar a realidade das mulleres.

Post navigation

Previous: Piden no Parlamento a paralización do proxecto de vertedoiro para Val do Dubra
Next: Negreira concede o Premio 8M á científica Olga Barca

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.