Silleda, 12 de agosto do 2021 – O Concello de Silleda ven de comezar as obras necesarias para levar o abastecemento de auga ao lugar de Castro, en Manduas.
Os traballos en Manduas son realizados desde o servizo municipal de Augas e o departamento de Obras e Servizos. As obras conectarán o lugar de Castro coa traída municipal.
Esta dotación estaba xa contemplada cando se realizou a mellora do vial que pasa pola localidade. Os traballos consistiron na necesaria canalización da tubaxe para levar a auga ás vivendas do lugar.
Na parroquia de Manduas xa se ampliara a traída no ano 2012 incorporando os lugares de Quintela, Andamollo e Vilaverde ao servizos municipal.
A actuación súmase a outras levadas a cabo nos últimos meses para continuar ampliando a rede municipal de augas e ofertando á veciñanza un servizo básico.