Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Silleda e A Baña rexeitan en pleno o proxecto mineiro en Touro e O Pino

bisbarra-silleda-e-a-banha-din-no-a-mina-de-touro-slide-31-xullo-2018-(2)_r

A PLataforma recibindo o galardón

Table of Contents

Toggle
  • Bisbarra, 31 de xullo do 2018 – A Plataforma Minade de Touro O Pino NON segue recollendo apoios e premios xa que veñen de recibir o galardón pola Defensa e Conservación do Medio Ambiente que entrega a Fundación Insua dos Poetas ao tempo que os plenos de Silleda e A Baña aproban o apoio as súas reivindicacións.
    • Premio pola defensa do medio ambiente

Bisbarra, 31 de xullo do 2018 – A Plataforma Minade de Touro O Pino NON segue recollendo apoios e premios xa que veñen de recibir o galardón pola Defensa e Conservación do Medio Ambiente que entrega a Fundación Insua dos Poetas ao tempo que os plenos de Silleda e A Baña aproban o apoio as súas reivindicacións.

Pleno de Silleda

Dous concellos máis súmanse aos múltiples apoios cos que conta a Plataforma, Silleda e A Baña. No caso de Silleda foi o Psoe por medio do alcalde, Manuel Cuíña, o que presentou unha moción aprobada por unanimidade. Poucas horas despois o pleno de A Baña apoiaba tamén a iniciativa presentada en este caso polo concelleiro Cesar Ramos de Compromiso x Galicia. Son, a día de hoxe, 37 concellos e as Deputacións da Coruña e Pontevedra as institucións que de xeito oficial rexeitan o comprometido proxecto, a unhas semanas de que se cumpra un ano da súa publicación no DOG.

Pleno de A Baña

Premio pola defensa do medio ambiente

A Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON ven ademais de recibir, durante a celebración da X Festa da Palabra no Carballiño, o recoñecemento pola Defensa e Conservación do Medio Ambiente que outorga a Fundación Ínsua dos Poetas, nunha edición que homenaxeaba a figura de Víctor Campio. Isabel García, da plataforma, quixo compartir o premio coas veciñas e veciños de Touro e O Pino pero tamén con “todas aquelas persoas que se ven nunha situación similar coa que nós nos atopamos”. Aproveitou, mentres recollía o galardón, para salientar o traballo e compañeirismo da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e das máis de 140 asociacións e as xa 39 institucións que apoian á plataforma no seu rexeitamento da megamina de cobre a ceo aberto nos municipios coruñeses. No acto estaban presentes Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense.

A PLataforma recibindo o galardón

Post navigation

Previous: A Deputación acondicionará o entorno das Torres de Altamira en Brión
Next: Kiko Bouzas, voamos!

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.