Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • O Pino
  • Touro
  • Xeral

A Sociedade Galega de Historia Natural, SGHN, alega contra a Mina de Touro o Pino

sghn min touro o pino slide 3 marzo 2025

Bisbarra, 3 de marzo do 2025 – A Sociedade Galega de Historia Natural, SGHN, leva desde 1973 defendendo de xeito independente e ven de sumarse ás múltiples alegación contra a mina de Touro.

Nun extenso escrito a SGHN presenta as alegacións contra distintos aspectos contra o proxecto de reapertura. A oposición vai desde o deseño xeral do proxecto ás ameazas medioambientais ea sustentabilidade da iniciativa.

Sobre o deseño do proxecto a SGHN explica que o presentado é “sensiblemente o mesmo presentado no 2017 que recibiu unha declaración de impacto ambiental negativa”. Para a sociedade non se entende que se tramite de novo sen apenas cambios.

En canto á sustentabilidade do proxecto a SGHN di que “desde un punto de vista ambiental, como actividade extractiva dun recurso natural NON renovable, nunca pode ser sostible de acordo coas acepcións admitidas do termo. Segundo o Dicionario Real Academia Española. “Sostenible: Especialmente en ecología y economía, que se puede mantener durante largo tiempo sin agotar los recursos o causar grave daño al medio ambiente”.

Os recursos hídricos

Como en outros casos, aparecen as ameazas aos ríos. O proxecto para Touro O Pino implicaría un gran impacto sobre os cursos fluviais (1.588 m “ocupados” e 2.030 m desviados) e os mananciais (desaparición dunha vintena).

Para a SGHN “A teimuda realidade do continuo drenaxe acedo con elevadas concentracións de metais dende as superficies da antiga mina de Touro contradí a eficacia das medidas de restauración aplicadas ata agora e pon en cuestión a credibilidade das promesas de actuación futuras”.

Especies ameazadas

Segundo a Sociedade Galea de Historia Natural no estudo de impacto ambiental non avaliaron os posibles efectos do proxecto sobre dúas especies ameazadas (Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus) que manteñen poboacións tan importantes na ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza (sita a 3,7 km) como para que foran obxecto do proxecto LIFE MARGAL-Ulla desenvolvido pola Xunta de Galicia con cofinanciación da Unión Europea.

“Que ditas especies non teñan sido eliminados do sistema Ulla-Deza polas actuacións mineiras pasadas”, di a SGHN, “NON implica que o tamaño e viabilidade das súas poboacións non foran afectados pola actividade mineira. Ao respecto convén salientar que están documentados os efectos negativos persistentes da antiga mina de Touro sobre o crecemento dos salmóns e a densidade das súas poboacións no Ulla”.

Patrimonio

A SGHN fala tamén do Castro de Copa. No informe presentado pola empresa no anterior proxecto explícase que si entre 1974 e 1988 o Castro aguantou os traballos na súa proximidade, a excepción de algunha parte da muralla.

A partir do ano 2000, sempre segundo a documentación da empresa, “comienza un proceso de regeneración medioambiental con la aplicación de tecnosoles… se reforestó la zona perimetral exterior que rodea la mina … con medios mecánicos que removieron todo el terreno y practicaron los surcos para ordenar la plantación. Con esta acción los restos del castro comienzan a atenuarse”.

A desaparición dos restos do Castro da Copa foi unha realidade entre 2010 e 2014 xa que “se produce la corta de dicha plantación y se procede a otra nueva … Estos trabajos suponen la desaparición definitiva de los restos superficiales del castro y la total remoción de los niveles estratigráficos de su interior.”

Ante este recoñecemento por escrito a SGHN considera que “Fose casual ou deliberada para evitar atrancos ao novo proxecto mineiro (que pretende xustamente a instalación dunha mega-escombreira nesa zona), a destrución do Castro da Copa é un posible delito contra o patrimonio cultural que debería clarexarse para depurar as responsabilidades legais”.

Emprego e demografía

A posibilidade de xerar emprego e atraer poboación, nunha zona cun serio problema en estes ámbitos, a SGHN compara datos con outras explotacións para concluír que o previsto no proxecto de Touro O Pino non é crible.

Nas alegacións a Sociedade explica “Como amosan os datos oficiais, a realidade é que a perda de poboación na comarca e nos concellos no período 1970-91 no que estivo en funcionamento a mina foi máis forte (-29,8% na  comarca,  -22,8% no Pino e -24,5% en Touro), que no período 1991-2011 coa mina parada (-14,6% na comarca, -10,2% no Pino e -18,8% en Touro).

O da antiga mina de Touro non é un caso illado, pois o mesmo está a acontecer noutras explotacións de minería metálica a ceo aberto, como a de El Valle-Boinás (Belmonte, Asturias). Xa que logo, non cabe agardar que a reapertura da mina de cobre teña un efecto positivo na demografía.

Comparando a capacidade de procesamento de material (15 Mt/ano en Riotinto, 8 Mt/ano previstas en Touro) e de produción de cobre metal (56.000 t/ano en Riotinto, 28.000 t/ano previstas en Touro), non resultan en absoluto cribles as previsións de postos de traballo para Touro (421 directos e 1.200 indirectos) tendo en conta a realidade do proxecto Riotinto de Atalaya Mining en Huelva (450 empregos directos e máis de 600 indirectos.

Estas alegacións deixan ver un proxecto máis parecido a un decorado que a un futuro sostible e realista para os concellos de Touro O Pino. Alegacións presentadas por unha entidade independente como a SGHN que leva máis de 50 anos defendendo o territorio e polo tanto cunha absoluta credibilidade.

Post navigation

Previous: A Deputación da Coruña inviste nas estradas
Next: Lidia Veiga gaña o XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.