Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A SGAE organiza o Festival Acento en Compostela coincidindo co Día Internacional da Música

sgae festival acento NORMAL SLIDE 17 xunho 2025_2

Boyanka Kostova, Lua de Santana e 9Louro seran os protagonista do evento que se celebrará na terraza da SGAE, no Parque de Vistalegre de Compostela, ovindeiro sábado.

A actividade cultural de Compostela non para en todo o ano e a partir de maio máis aínda, Agora tócalle a quedan á Sociedad General  de Autores, a SGAE, que volve a organizar o Festival Acento. Será o vindeiro sábado día 21 a partir das 20:30 horas na terraza da socedade na Finca Vista Alegre.

Acento chega a súa sexta edición. A programación trata de ofrecer unha representación das “sonoridades urbanas na escena musical galega” en esta ocasión contarán co dúo compostelán Boyanka Kostova, a brasileira-viguesa Lua de Santana e o rimador 9Louro, de Muros.

 O concerto é un evento de acceso público e gratuíto que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Contará con servizo de bebidas e restauración grazas á colaboración de Cervezas Alhambra.

Horarios

20:30 horas: 9Louro

21:45 horas: Lua de Santana

23:00 horas: Boyanka Kostova

Boyanka Kostova

Pioneiros do trap galego, Boyanka Kostova son un dos grupos máis influentes da movida urbana de Galicia, evolucionando a un código raveiro e electrónico nos seus últimos traballos. O dúo que integran Chicho do Funk (Ortiga) e Cibrán García mete na cocteleira diferentes medidas de retranca, folclore e ritmos tradicionais; engádelles sons urbanos, contemporáneos e electrónicos, loops de efectos, samples e caixa de ritmos.

En 2024 publicaron o seu álbum máis recente, Foliada no inferno, e este mesmo ano estrearon cancións que fusionan o rap co bakalao, como “Europa do Oeste” ou “Popper na furgoneta”.

Lua de Santana

Nacida en Bahía (Brasil) e criada en Vigo, Lua de Santana é unha artista influenciada por SZA, Beyoncé e Nina Simone. O seu estilo, bañado polo pop, o soul e a música de club para bailar, non é doado de clasificar e logra unir raíces e modernidade. A Lua de Santana puidémola escoitar cantando con Nathy Peluso (no seu celebrado álbum Grasa, de 2024) ou con Recycled J (no seu novo San Jorge, Vol.2, publicado en 2025), pero brilla especialmente no seu EP Ginga (2024), que contén o tema titular a dúo con $kyhook ou o seu popular “Piri Piri”.

Lua de Santana ten cantado en salas e festivais de varios países. Este 2025 presentou o seu proxecto en importantes eventos de moda en Londres, París ou Madrid e chegará ao festival Acento 2025 logo de pasar polo Sónar en Lisboa e Barcelona.

9Louro

Do fértil viveiro musical de Muros chega 9Louro, o proxecto artístico de Martín Louro, nova sensación da música urbana galega. Co seu primeiro álbum, Nove noves, publicado a finais de 2024, propón unha colección de rimas frescas e honestas, versos viscerais rimados sobre o colchón da produción de Julián Otero “Yuly”. 9Louro séntese cómodo no trap, pero tamén coqueteando coa bachata e sempre en galego.

Este ano poderémolo ver en festivais como Osa do Mar (Burela) ou Nachiños Fest (Ferrol), pero antes pasará por Acento 2025 para presentarse ante o público compostelán.

Post navigation

Previous: O PP de Padrón buscará unha moción de censura imposible de conseguir
Next: O San Martiño de Teo consegue a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.