займ срочно

Sés presenta este sábado en Compostela “Diante  dun eco”, o seu novo traballo

0

Compostela, 13 de decembro do 2022 – Sés volve a Compostela este sábado para presentar o seu novo disco “Diante un Eco”, o oitavo traballo en 11 anos de carreira.

Sés actuará no Auditorio de Galicia ás oito e media da tarde. Esta xira conta co apoio da Xunta de Galicia, dentro do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, e está financiada pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), como parte das respostas da Unión Europea á pandemia da covid-19.

 

A cantautora galega explica que “Diante dun eco” é “o eco dun pasado tráxico, da volta aos totalitarismos, da lousa dunha profunda e crecente desigualdade social, dos retrocesos en igualdade de xénero”. Unhas lacras contra as que loitou desde o primeiro disco e que once anos despois seguen a estar presentes na sociedade.

Sés volve a facer da súa voz un altofalante para denunciar todo aquelo que non debería ser, sempre dende a estética popular da que se sinte “amante e debedora”. A artista di que “Cando fago unha canción canto sobre a miña verdade e desde esa verdade constrúo un discurso lírico que chama á lucidez e a unha conduta crítica para construír unha sociedade e un futuro mellores para as nosas nenas e nenos”.

Para presentar “Diante un Eco” acompañada de toda a súa banda Sés volve aos escenarios nunha xira que a levará por Galicia, España e Latinoamérica. Ademais do de Santiago xa están programados concertos para xaneiro en Lugo o 14, Ourense o 21, Vigo o 28 e Narón o 3 de febreiro e Ponferrada o 15 de abril.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies