Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

SÉS “libera as arterias” este venres en Compostela

Antes de iniciar unha xira por América do Sur, Sés despidese este venres en Compostela da xira "Liberar as arterias".
Concerto-SES-na-Coruña-f-Carlos-Barcia-6-slide_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 9 de febreiro do 2022 – Antes de iniciar unha xira por América do Sur, Sés despidese en Compostela da xira “Liberar as arterias”.
    •  
    • Sés con estilo propio

Compostela, 9 de febreiro do 2022 – Antes de iniciar unha xira por América do Sur, Sés despidese en Compostela da xira “Liberar as arterias”.

O concerto de Sés será no Auditorio de Galicia a partir das oito e media da tarde, As entradas xa están a venda en ataquilla.com . A cantautora desembarcará no recinto cultural para dar a coñecer diante do público compostelán os temas do seu sétimo traballo discográfico, un álbum no que a loita e a reacción fían un relato ateigado de verdade, aprendizaxe e empoderamento, e do que destacan temas himnos como Espiña sen rosa ou propio Liberar as arterias.

Imaxe Carlos Barcia

A cita en Santiago de Compostela será o primeiro e último directo que a cantareira ofreza en Galicia neste 2022 antes de emprender a súa nova xira suramericana, LATAMTOUR2022, coa que visitará escenarios de Arxentina, Chile ou Uruguai durante o vindeiro mes de marzo.

Antes de iniciar a viaxe e logo do exitoso concerto que ofreceu o mes de decembro na Coruña (unha emotiva cita na que se acompañou de banda e revisou algúns dos seus grandes éxitos), Sés dará a coñecer ao vivo no Auditorio de Galicia Liberar as arterias, un traballo coidado, crú e directo no que rende homenaxe á poeta Luz Fandiño e, musicalmente, segue a evolucionar co seu particular son.

 

Sés con estilo propio

A creadora conta cun definido estilo propio, resultante dunha mestura na que conflúen rock’n roll, tradición oral e certa cadencia da canción de autor latinoamericana. Unha combinación na que tamén atopan o seu espazo a súa alma de cantareira e a súa actitude punk como unha irreverencia lúcida e solidamente argumentada.

Imaxe Carlos Barcia

María Xosé Silvar, Sés, é unha das grandes referentes do panorama musical galego, dunha consolidada traxectoria discográfica e recoñecida tanto no país coma noutros territorios. Dela salienta o seu carisma e a súa forza persoal, que acompaña dun discurso valente e contundente no que interpela directamente ao público.

A súa obra, que ten como eixe a defensa da cultura, da diversidade e dos dereitos dos pobos, sitúa á cantareira como altofalante certeiro que defende as causas e ideais que Sés acredita como xustas e necesarias.

Post navigation

Previous: Rosalía formal, Rosalía rebelde
Next: Nova ponte no río Saramo en Quián, Boqueixón

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.