Compostela, 16 de abril do 2019 – A partir das nove da noite, 6€, Sergio Tannus únese a Mauricio Caruso e Lar Legido no proxecto Cayuco na Casa das Crechas.
Cayuco é o nome dunha embarcación dun só tronco usada polos africanos para cruzar as fronteiras, pero tamén é o nome do novo grupo formado por Sérgio Tannus (guitarra eléctrica, viola caipira, mandolina, baixo e voz), Maurício Caruso (guitarra eléctrica e baixo) e LAR Legido (batería).
Como o propio nome din, a proposta musical é xustamente viaxar, romper os límites da musicalidade. Deixarse levar e navegar por tódolos continentes e estilos musicais. Dende África á Europa, Brasil a Galiza…sen fronteiras. Según os músicos Cayuco é utopía, é o noso pase para a liberdade!.
