Compostela, 27 de xullo do 2017 – O xoves ven con moito hip hop local ao tempo que sabemos que Nada Surf sustituirá a Macy Gray o venres.
A música, ao igual que o ano pasado, comeza no parque Fermín Bouza Brey en Vite. A partir das seis da tarde serán de hip hop con Alto Asalto, High Paw, Wöyza, Nathy Peluso, Freenetiks e Hard Gz.
Ao igual que onte a partir das seis e media os monicreques partirán da Alameda para mostrar a Compostela de Valle-Inclán.
O ciclo Terrazeando métese nos xardíns do Pazo de Amarante para escoitar
Por si sodes máis de banda a esa mesma hora, as 8, Emilio Rúa estará coa Banda Municipal baixo a dirección de Casiano Mouriño na praza das Praterías.
Hoxe comeza tamén o torneo de Chave nas Festas do Apóstolo, coma sempre no paseo da Ferradura a partir das 20.30 horas. O XXXIX Torneo durará ata o domingo.
O xoves é tamén día da gospel con Irving Arthur & The Black Voices of América e Hot Swing Revue. A Quintana acollerá un dos concertos que máis público soe ter a partir das dez e media da noite.
A xornada rematará a partir das once no Toural con Xosé Constenla e Os Desbandados.
Sustitución de Macy Gray
O Concello de Santiago lamenta comunicar a cancelación do concerto da cantante americana Macy Gray, programado para o venres 28 de xullo ás 22:30 horas dentro da programación das festas do Apóstolo. A estrela de R&B e soul vén de cancelar a súa xira europea por motivos persoais. Por iso, o Concello programou no seu lugar as actuacións da banda neoiorquina Nada Surf e da compostelá Ivy Moon, que cubrirán o oco deixado pola cantante.
Nada Surf
Nada Surf é un grupo de rock alternativo formado en Nova York en 1992. Actualmente está integrado por Matthew Caws (guitarra e voz), Daniel Lorca (baixo e voz), Doug Guillard (guitarra) e Ira Elliot (batería e voz). A banda obtivo o recoñecemento mundial en 1996 grazas ao single “Popular”, pertencente ao álbum High/Low. Ademais de repasar os seus grandes éxitos, presentarán en Compostela o seu último disco, Peaceful ghosts, lanzado en 2016, uns meses despois do anterior álbum, You know who you are.
O seu oitavo álbum pódese considerar a colección máis representativa das súas décadas de carreira do grupo. Producido por Tom Beaujour en Nuthouse Recording, supón o primeiro da banda oficialmente como un cuarteto, con Doug Guillard como segundo guitarra. Nada Surf é ademais o cabeza de cartel do Low Festival de Benidorm.