Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Senda peonil para Mourentáns en Brión

O concello de Brión e a Deputación traballan nunha senda dun quilómetro que mellore a seguridade viaria.

BRION DEPUTACION SENDA PEONIL 3 FEBREIRO 2026

O alcalde de Brión, Pablo Lago, e a deputada responsable de Infraestruturas Viarias e Obras Provinciais da Deputación, Mónica Rodríguez, reuníronse para planificar a construción da senda peonil na DP-1302 ao seu paso por Mourentáns.

Un encontro, no que tamén participaron os técnicos provinciais e municipais, no que se acordou que a Deputación presentará en marzo o borrador do proxecto desta obra, co obxectivo de que os traballos poidan licitarse e comezar o antes posible.

Pablo Lago confirmou que o Concello de Brión conta cos terreos precisos para a execución das obras, grazas ás cesións negociadas cos propietarios ao longo dos últimos meses. “Os veciños e veciñas de Mourentáns son conscientes da necesidade destas obras xa que estamos falando dun tramo cun tráfico de vehículos moi intenso e onde a xente non dispón case nin de beiravías polas que camiñar”.

Unha necesidade que coñece ben Mónica Rodríguez, quen xa visitara a zona en 2023. Agora concretouse que as beirarrúas se executarán ao longo de 950 metros, entre os puntos quilométricos 3+215 e 4+074 da DP-1302 Negreira-Urdilde ao seu paso pola aldea brionesa de Mourentáns.

Esta reunión repetirase nas próximas semanas, momento no que a Deputación Provincial presentará ao Concello de Brión o borrador do proxecto e no que tamén se coñecerá o orzamento preciso para o seu desenvolvemento.

Despois será o ente provincial o encargado de elaborar o proxecto e licitar as obras para que poidan realizarse o antes posible. O alcalde brionés agarda que as obras poidan saír adiante o antes posible xa que se trata dunha actuación que acumula moito retraso.

Lago explicou que “Levamos reclamando esta actuación dende o 2021. Cinco anos de reunións, de visitas e de moito insistir porque é algo moi necesario”, O alcalde engadiu “esperemos que desta vez sexa a definitiva e aproveito tamén para pedirlle desculpas á veciñanza de Mourentáns por este tempo de agarda, sobre todo cando eles foron os primeiros en amosar a súa boa disposición a colaborar coa cesión dos terreos precisos para acometer esta actuación”.

DP-1301

Por outra banda, o alcalde brionés aproveitou para dar traslado da necesidade doutras dúas actuacións solicitadas en abril de 2024 ao presidente da Deputación da Coruña na DP-1301 A Gándara-Amañecida e que aínda non se puxeron en marcha.

A primeira delas é o remate das obras de ancheamento no tramo entre A Luaña e Nináns, toda vez que o ente provincial xa ten intervido en varios tramos desta mesma estrada. Trátase dun tramo moi estreito que quedou ente outros dous camiños ancheados nos últimos anos.

A segunda petición foi a mellora da seguridade nesa mesma estrada DP-1301, concretamente dende Liñares ata Gronzo, por ser un viario moi transitado, con moitas curvas e que é moi estreito. “É algo que levamos negociando dende a ampliación da ponte de Liñares e que é moi precisa para humanizar un núcleo como Gronzo, que está a medrar e ten unha estrada tan estreita e transitada que ás veces non hai espazo nin para cruzar dous coches”.

A Deputación xa investira en 2020 case 115.000 euros na mellora do trazado da DP-1301 Gándara-Amañecida, en concreto entre os puntos quilométricos 0,047 e 0,377, onde ampliou unha ponte sobre o  río Viceso e que permiten que a veciñanza teña un camiño seguro ata o núcleo de Os Ánxeles, que concentra gran parte dos servizos e equipamentos tales como a gardería, a zona comercial, as paradas do transporte metropolitano e a hostalería local.

Post navigation

Previous: Os socialistas impoñen en Compostela, co apoio do PP, unha xestión da auga por concesión
Next: Denuncian os recortes en pediatría no C.S. de Conxo en Santiago

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.