Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Hemeroteca axenda

Comeza a 40º edición da Semana Verde de Galicia

semana verde medra no 40 aniversario slide 8 junio 2017 (3)_r

Table of Contents

Toggle
  • Silleda,  de xuño de 2017.- A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia abre hoxe as portas do seu 40 aniversario coa presenza de 637 expositores directos, un 8% máis que en 2016 (foran 590).
    • Catro certames paralelos e máis de 180 actividades na Semana Verde

Silleda,  de xuño de 2017.- A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia abre hoxe as portas do seu 40 aniversario coa presenza de 637 expositores directos, un 8% máis que en 2016 (foran 590).

Nestas cifras destaca tamén un crecemento de expositores estranxeiros, esencialmente portugueses, os cales supoñen un 80% máis de empresas lusas que o ano pasado. Ao total de expositores directos súmanse 226 firmas representadas, as cales xunto ás empresas presentes directamente proceden de 18 países.

A diversidade volverá caracterizar á feira Abanca Semana Verde, xa que ademais destes certames paralelos, centrados na alimentación, a caza, pesca e natureza e o turismo, contará de novo con numerosos sectores que van dende gandería, biomasa, mascotas, xardinería ou pequena maquinaria e ferramentas ata decoración, mobiliario e artesanía, ademais de moitos outros produtos e servizos. Unha completa oferta á que se une un intenso programa con máis de 180 actividades distintas, moitas das cales se repetirán ao longo do certame, e que tamén se amplía, xa que o ano pasado foran máis de 170.

Catro certames paralelos e máis de 180 actividades na Semana Verde

O 21º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca 2017, converterase un ano máis nunha plataforma de negocio e escaparate tanto para a distribución como para produtos de calidade, artesáns, gourmet e innovadores.  Os seus Encontros Internacionais de Compradores, coorganizados xunto co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), volverán a contribuír á internacionalización das empresas a través de reunións de negocio cunha vintena de importadores, distribuidores e restauradores de 10 países.

A súa área Alinova dará relevancia aos produtos innovadores, estando presentes máis de 60 alimentos de gran orixinalidade, como aceite de chocolate, licor de azafrán, paté de berberechos con castaña ou queixo de vaca con baño de café e canela. No seu programa incluiranse ademais numerosas catas e degustacións, showcookings, talleres, actividades didácticas ou o III Encontro Gastroblogger

En canto a Fecap Abanca, que conta co respaldo da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e outras entidades do sector, inclúe entre os seus expositores armerías, cetrería, criadores de cans, remolques, equipamento e accesorios para caza e pesca, federacións ou medio ambiente. O programa desta cuarta edición destacará polo atractivo da súas propostas, entre elas exhibicións de tiro con arco ou cetrería,  torneos de caza virtual, demostracións de tiro ao branco ou cans atraíllados sobre rastro de xabaríl,  montaxe de moscas para pesca ou talleres  para escolares sobre ecosistemas e terapia canina. Uniranse a elas cinco novos concursos monográficos caninos e a IV Exposición de Cans de Caza, na cal participan sobre 300 cans.

Turexpo Galicia e Festur, as cales se celebran conxuntamente co apoio da Axencia Turismo de Galicia, contarán coa presenza de distinto tipo de empresas do sector e 28 concellos que promocionarán 36 festas de interese turístico das catro provincias galegas. Na súa vertente profesional incluirase o I Encontro de Bloggers de Turismo e destacará a Bolsa de Contratación Turística, a cal contará nesta edición cun 42% máis de turoperadores, 44 procedentes de 10 países. Entre as propostas para o público xeral terán protagonismo as degustación e exhibicións de distintas festas de interese turístico presentes en Festur.

As actividades caninas e ecuestres serán tamén moi numerosas, podendo desfrutar no caso das primeiras do XIV Concurso Nacional Canino, probas oficiais da Liga Autonómica de Agility, unha exhibición do Tercio Norte de Infantería de Marina ou diversas propostas do Can de Palleiro. Nas ecuestres destacará o V Galician Championship E.C.A.H.O Internacional C de cabalos árabes, exhibicións de horseball e perruquería equina e tamén propostas co Cabalo de Pura Raza Galega, como demostracións de ferraxe e andadura ou espectáculos de doma.

A área de gandería tamén ofrecerá un completo programa centrado nas razas autóctonas galegas en perigo de extinción, as cales celebrarán varios concursos morfolóxicos, algúns deles por primeira vez, e presentarán o selo 100% Raza Autóctona do Porco Celta. Ademais haberá unha exposición da raza Rubia Galega.

O programa completarase con outras actividades de gran interese, como espectáculos de motor, a III Carreira Popular Abanca Semana Verde de Galicia, a xuntanza anual do popular programa radiofónico Pensando en Ti, a presenza dun simulador de navegación da Marina, realización de esculturas en madeira, probas con motoserras ou unha xornada da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

En total serán máis de 180 actividades distintas que conformarán un programa para todos os públicos e con numerosas novidades.

Post navigation

Previous: O Club de Atletismo MillaRaio consegue a súa primeira medalla nacional
Next: O goberno de Ordes non consegue aprobar os orzamentos e pensa na moción de confianza

Máis novas

I Venres de Desconto_Evento Aemi_Fb
1 minute read
  • Hemeroteca axenda

A asociación de comerciante do Milladoiro, AEMI, organiza o Venres do desconto

o pino media maraton slide 16 junio 2017_r
4 minutes read
  • Hemeroteca axenda

O Pino e Arzúa organizan a media maratón O Gran Camiño

salon teatro salvador de borja fernandez slide 7 junio 2017_r
3 minutes read
  • Entrevistas

Borja Fernández investiga en Teo sobre teatro, emigración e memoria familiar

galicia escena pro slide 15 junio 2017 (2)_r
4 minutes read
  • Hemeroteca axenda

Galicia Escena Pro pecha as portas da quinta edición

galicia escena pro circo slide 14 junio 2017 (2)_r
3 minutes read
  • Hemeroteca axenda

Teatro e circo na xornada de Galicia Escena Pro

agamus xornadas portas abertas slide 14 junio 2017_r
2 minutes read
  • Hemeroteca axenda

A Musicoterapia protagonista hoxe e mañá no Auditorio de Galicia

a aventura de ler slide 14 junio do 2017_r
4 minutes read
  • Hemeroteca axenda

Xandobela organiza A aventura de ler, unha xornada formativa de ámbito europeo

dia mundial contra la explotacion infantil rua bicicleta slide 12 junio 2017 (2)_r
2 minutes read
  • Hemeroteca axenda

Ruta ciclista para lembrar o Día Mundial contra o Traballo Infantil

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.