Compostela, 7 de abril do 2022 – A Semana Santa de Compostela volve desde este venres ás rúas da cidade nun momento de cambio xeneracional.
Xusto antes da pandemia a Xunta de Cofradías iniciara unha renovación da que saíu presidente José Ramón Muñiz. Conseguir que a Semana Santa alcanzara a visibilidade e o respeto de celebracións similares en outras vilas era a prioridade.
Tras superar dous anos de pandemia, cunha certa visibilidade conseguida no 2019, e xa coa declaración de Festa de Interés Turístico de Galicia, chega o momento de consolidar e facer crecer eses avances.

Falamos co presidente da Xunta de Cofradías. José Ramón Muñiz, e pedimoslle en primeiro lugar que nos diga que é para el unha Cofradía
Máis alá do que supón ese irmanamento, que implica colaboración e axuda, en múltiples actividades solidarias que habitualmente pasan desapercibidas, está a labor de organizar unha celebración moi complexa que implica a doce Cofradías e miles de persoas.
Calquera podería pensar que a Semana Santa dunha cidade como Compostela, referencia relixiosa no mundo xunto con Roma e Xerusalén, era amplamente coñecida. A realidade é que ata fai moi pouco nin na bisbarra se tiña conciencia da súa importancia, algo que está cambiando
A presencia en Fitur, unha das feiras máis importantes do mundo no sector turístico, supuxo comezar a xogar nunha liga distinta. En ese terreo a zona monumental ten unha importancia que pode ser determinante no futuro máis cercano
Crecer como Semana Santa implica unha exposición maior. Do mesmo xeito que non todo o mundo que fai o Camiño de Santiago ten motivos relixiosos, disfrutar dos pasos pode ter que ver coa plasticidade ou co patrimonio. Máis o feito de ser unha actividade de rúa implica tamén cruzarse con xente que non respeta a celebración
José Ramón Muñiz explícanos que os motivos dos Cofrades para formar parte da Semana santa son moi distintos e non sempre teñen que ver coa fe. De feito a súa historia persoal comezou na adolescencia, unha idade, a priori, pouco apropiada para este tipo de cousas
A última barreira que queda por tirar e a que relaciona aos cofrades cun núcleo pechado. Muñiz explica que son un grupo de crentes laicos e que están abertos a todo o mundo.
É difícil non ter unha reacción emocional, do tipo que sexa, cando un ve unha procesión de Semana Santa. Escoitar o son dos tambores no casco vello de Compostela, ver baixar unha imaxe por estreitas ruelas por onde un nunca diría que caben, contemplar o recollemento de moitos dos que participan pode interesar máis ou menos pero nunca deixa indifirente-
Desde a perspectiva máis mercantilista a Semana Santa é un valor económico para a cidade do mesmo xeito que as Festas do Apóstolo, o Camiño ou calquera outrra actividade. Por calquera de estes dous motivos respetala é apoiala é tarefa de todos, institucións e veciñanza.
Toda a información sobre horarios e datas na web da Xunta de Cofradías
en este enla