Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Compostela

Semana Internacional dos Arquivos

Semana Internacional dos Arquivos

Arquivo-historico-universitario-da-USC_DSC9135-normal_r

Compostela, 08/06/2026 – O Arquivo Histórico Universitario da USC (AHUS) celebra ata o 14 de xuño a Semana Internacional dos Arquivos cunha exposición temporal  e unha xornada científica mañá martes 9.

A charla no Arquivo Histórico Universitario organizase en colaboración co Grupo de Investigación do Departamento de Historia Moderna da Facultade de Xeografía e Historia da USC. A conferencia leva por título ‘Galicia e Portugal: vínculos históricos e fontes documentais para o seu estudo’.

A xornada pretende dar a coñecer o traballo que están a levar a cabo varios estudosos da USC para o proxecto de investigación internacional ‘Entre España y Portugal (1640-finais do Antigo Réxime).

Mobilidade transfronteiriza, circuítos económicos e culturais’. O proxecto estrutúrase en varias liñas de estudo como son a emigración laboral (1640-1807), a mobilidade feminina, a emigración ilegal, os intercambios económicos (a través do estudo do comercio marítimo e terrestre) e finalmente, o fomento de redes de cooperación internacionais, a difusión do patrimonio material e inmaterial a un lado e ao outro da raia fronteiriza e a recuperación da memoria histórica da emigración a Portugal.

Así mesmo, o Arquivo Histórico da USC está a formar parte deste proxecto en atención aos relevantes fondos documentais que custodia de interese para os estudos específicos que se desenvolven no marco deste plan de investigación e que serán obxecto de divulgación pública na xornada, tanto por parte dos relatores como de maneira particular a través da mostra que estará accesible ao público no andar baixo do Arquivo desde ata o 12 de xuño en horario de 9:30 a 14:00 horas e que contará con documentos pertencentes ao fondo do Hospital Real de Santiago, da Capitanía Xeral de Galicia, ao fondo de protocolos notariais de varios distritos, da colección de mapas, planos e cartas náuticas, dos arquivos de empresa, do concello de Santiago, do fondo de Clero así como do propio fondo universitario.

Post navigation

Previous: Humanización da rúa Rosalía de Castro en Negreira
Next: Éxito da primeira xornada da Maker Faire 2026

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.