Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Semana de feitos en Compostela

O goberno municipal marcha de Semana Santa se penitencia e con varios temas conseguidos

Imaxe das non adscritas que apoiaron os orzamentos de Compostela

Imaxe das non adscritas que apoiaron a moción de confianza que permitiu apoiar os orzamentos

Compostela, 30/03/2026 – A semana aparecía con nubes no Pazo de Raxoi en Compostela. Ao remate de estes días parece que o bipartito de Compostela Aberta e BNG poderá marchar de Semana Santa sen penitencia.

A alcaldesa daba unha rolda de prensa o venres na que se mostraba contenta polos temas resoltos nos últimos días. O principal a aprobación inicial dos orzamentos ao superar a cuestión de confianza.

O apoio dos non adscritos evitou que a aprobación se retrasara máis do necesario. A non adscrita Mercedes Rosón era moi clara “A decisión era enredar ou ir de cara, e nós fomos de cara” engadindo que de non prosperar a cuestión de confianza abriríase un mes para presentar unha moción de censura “que está descartada”.

O voto foi moi criticado desde o grupo socialista que os acusou de “contradicións”. Rosón tamén contestou a estas consideracións de Aitor Bouza explicando que para contradición a súa xa que o rexedor de Ames, Blas García. (socialista como Aitor Bouza) as felicitara.

Traballo que avanza

Máis alá da aprobación inicial dos orzamentos a alcaldesa, Goretti Sanmarrtín, destacaba da semana o desbloqueo da parcela de Peleteiro, a aprobación do regulamento do Foro de Turismo Sustentable ou o regulamento da vivenda para persoas sen fogar.

Sanmartín reivindicou unha vez máis o proxecto de Peleteiro “que logrou combinar os obxectivos que se marcaran para a parcela de Peleteiro: un espazo urbano de calidade con equipamentos e vivenda pública; de aumentalos, cunha maior reserva de vivenda protexida no planeamento cun acordo para que se materialice como vivenda pública; e coa garantía de que non se instale unha gran superficie comercial”.

Outro tema que destacou foi a recuperación do proxecto “dun verdadeiro centro integral ás persoas sen fogar”. A rexedora non perdeu tampouco oportunidade de defender os novos pasos na licitación do ciclo integral da auga despois da sucesivas situacións que se deron no proceso.

Sentenza favorable 

Saíndo xa do aprobado, a alcaldesa deu conta dunha sentenza xudicial favorable aos intereses municipais, que confirma o acordo adoptado en novembro de 2023 no Pleno municipal a respecto dun recurso presentado por TRALUSA.

A empresa prestadora do servizo de transporte urbano consideraba que non se lle tiña que penalizar por non alcanzar o número de persoas usuarias comprometido argumentando que a causa fora a pandemia.

Segundo a oferta da adxudicataria do servizo, actualizada en 2022, a cifra de persoas viaxeiras que debía alcanzar era de 7.403.234 e só se chegou a 6.095.595. De acordo con isto, aplicouse unha penalización de 764.054.28 euros contra a que a empresa prestadora do servizo do transporte presentou o recurso contencioso que acaba de sentenciarse.

A resolución dálle a razón ao Concello e confirma que este desconto foi correctamente aplicado. “É unha máis de moitas sentenzas favorables, nas que temos que agradecer o traballo dos servizos xurídicos municipais”, apuntou a rexedora que lembrou tamén a recente inadmisión do recurso contencioso-administrativo presentado polo PP que cuestionaba a posibilidade de acumular os puntos de debate nos plenos cando estes están relacionados.

Post navigation

Previous: Noia licita o Servizo de Atención no Fogar
Next: Músicas na Linde: The Rapants cruzando fronteiras

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.