Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Segundo aniversario da Vía Verde Compostela Tambre Lengüelle

deputacion aniversario via verde 2 outubro 2024

Bisbarra, 2 de outubro do 2024 – Para conmemorar o segundo aniversario da Vía Verde entre Cerceda e Oroso, a Deputación da Coruña organiza durante distintas actividades culturais, divulgativas e deportivas.

Con 26 quilómetros de lonxitude a través dos concellos de Cerceda, Tordoia, Ordes e Oroso, a Vía Verde Compostela Tambre Lengüelle é  a maior Vía Verde de Galicia. Unha ruta que crecerá aínda máis cos 10 quilómetros desde e ata Santiago, cuxas obras se iniciaron o pasado mes de setembro e rematarán o vindeiro ano.

Para explicar o impacto turístico, social e económico da Vía Verde, a Deputación da Coruña organiza este xoves, 3 de outubro, no albergue da estación de Cerceda, unha xornada baixo o título “Da vía férrea á Vía Verde”.

En este encontro participará a directora da Asociación Europea de Vías Verdes, Mercedes Muñoz e a xerente das Vías Verdes na Fundación Española de Ferrocarriles, Arantxa Hernández, entre outros ponentes.

Os responsables das vías verdes de Montes de Hierro (Vizcaya) e Plazaola (Navarra) explicarán ademais as súas experiencias de éxito no eido da promoción turística e a mobilidade sustentable nos seus territorios.

Carreira da Vía Verde o 19 de outubro

A Vía Verde será tamén protagonista, o vindeiro 19 de outubro, da I Carreira Camiños da Vía Verde, unha proba de atletismo en ruta que organiza a Deputación da Coruña en colaboración coa Asociación de Concellos da Vía Verde Compostela Tambre Lengüelle e o Club Atletismo Tambre. 

O evento está deseñado para a participación de todos os públicos, polo que  constará de diferentes probas e distancias. Haberá unha carreira de 10 quilómetros, outra de 2 quilómetros e unha de 1 quilómetro. Para os máis pequenos a distancia será de 400 metros. E, por outra banda, terá lugar unha atractiva andaina popular de cinco quilómetros en ruta.

Máis de 300 persoas inscribíronse xa na carreira. A inscrición é gratuíta e permanece aberta na web  www.carreirasgalegas.com.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, lembrou o  “gran potencial turístico e ambiental da maior Vía de Verde de Galicia, e ademáis un escenario idóneo para a unha proba deportiva coma esta, pensada para facela accesible a todos os públicos e idades”.

Post navigation

Previous: Outubro é o mes do teatro en Teo
Next: Clausurado o obradoiro de emprego Terras de Iria

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.