Compostela, 27 de marzo do 2019 – O barrio de San Pedro celebra a segunda edición da Semana da novela negra promovida pola Librería Pedreira.
A Semana da novela negra comeza cunha misteriosa vaga de crimes ficticia aínda pendente de resolver. Do 30 de marzo do 7 de abril contarase coa presenza de autores como Alberto Varela, Bieito Iglesias, Manolo Rivas ou Domingo Villar. Charlas, performance, roteiros ou proxeccións son algunhas das actividades que se poderán disfrutar ao longo das xornadas.
Programa
O sábado 30 de marzo, ás 12:00 horas “Sangue na capital de Gallaecia” “Ulf de Jakobsland,os viquingos en Galicia” de Alberto Varela Ferreiro en edicións Xerais de Galicia e coa presenza de Lucho Penabade.
O luns 1 de abril, ás 20:00 horas, “Que acontece á beirado río Miño?” con Bieito Iglesias coa novela “Guías caninos” na editora Aira.
O martes día 2 de abril, ás 20:00 horas, “Negra criminal” Manuel Rivas, escritor da novela “Vivir sen permiso”, Belén Regueira, xornalista, e Xabier Deive, actor da serie “Vivir sen permiso”.
O mércores 3 de abril, ás 20:00 horas, “A volta do inspector Leo Caldas” con Domingo Villar, autor de “O último barco” na editorial Galaxia e Pilar Sampedro.
O xoves 4 de abril, ás 20:00 horas, “A tumba aberta!” “Sen Piedade” de Pedro Feijoo en edicións Xerais de Galicia e Elvira Cienfuegos, profesora e membro do Clube de Lectura de Fontiñas
O venres 5 de abril, ás 20:00 horas, “O antiheroe”. “O meu nome é ninguén ” de Manuel Esteban en Edicións Xerais de Galicia e Pilar Lueiro, profesora.
O sábado 6 de abril, ás 12:30 horas e 17:30h “Rosalía en Compostela: perseguindo a memoria da choiva” Roteiro con Pedro Feijoo.
O domingo 7 de abril dende as 12:00 horas “Vermú criminal” Vermú de despedida da Semana da Novela Negra Performance/proxeccións con Libredón na Unitaria
As actividades finalizarán o día 7 de abril, ás 12:00 horas na Escola Unitaria, cun fin de festa. Nese momento pecharase o prazo para participar no concurso da resolución da vaga de crimes, con tal vez algún xiro de guión inesperado.