Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Seguen os problemas na empresa municipal Tussa

O comité de TUSSA denuncia que a última reunión celebrada coa empresa foi o pasado mes de xullo de 2020 e non se volveu a saber nada.
compostela-consello-tussa-slide-9-xullo-2020_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 24 de marzo do 2021 – O comité de TUSSA denuncia que a última reunión celebrada coa empresa foi o pasado mes de xullo de 2020.
    • Reorganización de servizos

Compostela, 24 de marzo do 2021 – O comité de TUSSA denuncia que a última reunión celebrada coa empresa foi o pasado mes de xullo de 2020.

A representación dos traballadores de Tussa lembran que desde esa data, houbo múltiples cuestións que afectan aos diferentes postos de traballo sen que a empresa dera ningunha información, negando así o dereito a consulta e participación do persoal.

Entre outras cuestións o comité lembra que se chegara case a un acordo para asinar o primeiro convenio colectivo de TUSSA en febreiro de 2020. Porén, asegura que desde aquela quedaron paralizadas as conversas e a empresa négase a sequera tratar o tema na xuntanza prevista para o próximo luns.

O comité considera ademais inaceptable que non se previra incluír nos orzamentos unha partida que contemplara o custo dese convenio e as subas salariais de 2020 e 2021.

Reorganización de servizos

O Comité denuncia tamén que as traballadoras e traballadores están sabendo pola prensa que se pretenden acometer  cambios estruturais e organizativos que afectan as súas condicións de traballo que TUSSA estaría obrigada a informar con carácter previo, mais que non fixo.

En particular apuntan cuestións como o cambio de ubicación da estación de autobuses ou a posible restruturación do sistema de grúa.

Xunto a isto sinalan que no servizo de guindastres veñen solicitando unha solución aos problemas de seguridade e agresións que sofre o persoal. Neste sentido, e fronte as declaracións do concelleiro de tráfico e seguridade cidadá, Gonzalo Muíños, que ten manifestado en prensa que esa situación non se dá, lembran que hai exactamente un ano tiveron que manifestarse para denunciar que un compañeiro rematara no hospital por unha agresión na retirada dun vehículo. Engaden que estas situacións de tensión e agresións son unha constante no servizo.

Denuncian, canda isto, o emprego da grúa unicamente con fins recadatorios e as presións, ameazas e sancións que sofren para que se retiren aínda máis vehículos. Aseguran que estes problemas de seguridade fanse extensibles ao persoal da ORA e mesmo de algún aparcamento como o de Xoán XXIII sen que, até o momento, nin TUSSA nin o concello os teña tomado en consideración.

Por todas estas cuestións exixen que se adopten as medidas necesarias para que ir traballar non supoña poñer en risco a saúde e integridade de ninguén e a perda de poder adquisitivo.

Desde o comité estanse mantendo xuntanzas cos diferentes grupos municipais coa fin de informar da gravidade da situación e da falta de diálogo e comunicación por parte da empresa municipal  e anuncian medidas de presión e mobilizacións caso de non darse unha solución a estas demandas.

Post navigation

Previous: O Museo do Pobo acolleu a presentación da 16º edición da MICE
Next: Ados pide a participación cidadá polo descenso das reservas de sangue

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

centro-saude-ordes-slide-19-agosto-2017_r
4 minutes read
  • Compostela

Reclaman a recuperación do servizo de tarde no centro de saúde de Ordes

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.