Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Segue chovendo en Santiago

usc compostela chuvia 7 xaneiro 2026 SLIDE

Nas últimas décadas, o número de días do ano nos que nalgún  momento houbo precipitación en Santiago de Compostela ronda o 50%. O 2025 non foi unha excepción xa que chegouse ao 49,8 %, ou o que é o mesmo, 182 días.

“Se restamos os días nos que a choiva recollida foi inferior a  0,1 litros/m2, o que adoita denominarse inapreciable, entón a porcentaxe baixa a 44,1 % (161 días)”, explica José Ángel Docobo, coordinador científico do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC.

A cantidade total medida ao longo do ano que acaba de rematar resultou ser de 1.937,1  l/m2, o que supera a media, de aproximadamente 1.800 l/m2. Porén, en 2025, choveu menos que nos dous anos precedentes, cando se pasara en ambas as ocasións dos 2.000 litros/m2. “A normalidade pódese establecer en Santiago entre os 1.600 e 2.000 l/m2”, salienta o profesor Docobo.

Destaca a cantidade medida en xaneiro con 543,2 l/m2, seguida dos 393,4 l/m2 de novembro, este último mes con 25 días pasados por auga. Cómpre tamén mencionar a baixa precipitación en meses coma maio (75,3 l/m2), xuño (29,4 l/m2), ou setembro (67 l/m2). Xullo e agosto axustáronse ás estatísticas, sendo os máis secos, con 12,3 l/m2 (en cinco días) e 16,9 l/m2 (en oito días), respectivamente.

 O 7 de xaneiro resultou ser o día cun maior rexistro, un total de 80,8 l/m2 naquela xornada, seguidos do 26 do mesmo mes (77,3 l/m2) e do 13 de novembro (77,0 l/m2). En todo o ano 2025, contabilizáronse 17 días con máis de 30 l/m2.

Temperaturas en Santiago

Nun total de doce ocasións do mes de agosto a temperatura máxima superou os 30º e, en particular, aqueles días con rexistros preto dos 35º, como foron o día 4 (35º8, máxima do ano), o 10 e o 14 (ambos os días con 34º3), ou o 6 (32º9). “Pero esta vaga de calor, aínda que estivo preto, non superou aquela outra de agosto de 2003”, destaca o profesor Docobo.

Tampouco se poden esquecer as altas temperaturas que tiveron lugar na segunda quincena de xuño: 35º5, o día 29; 35º3, o día 17; 34º2 o día 30, así como os 34º0 do 28.

“Tan só houbo dúas datas con temperatura mínima negativa no Campus Vida da USC, o 15 de xaneiro ( -0º3), e o 8 de febreiro, cando se produciu  a mínima do ano con -1º5”, engade o profesor Docobo. O 21 de decembro non se chegaron a superar os 8º, en tanto que a noite do 29 de xuño resultou ser a máis quente de 2025, cando a temperatura non baixou dos 19º6.

Aínda así, salientan dende o Observatorio da USC, que “houbo veráns nos que a mínima superou claramente a vintena”. A temperatura media no ano en Santiago foi de 15º5.

Insolación

“Na medida deste outro parámetro meteorolóxico aparece de novo a porcentaxe do 50% na capital de Galicia. En efecto tamén o número de horas de Sol anda rozando sempre dita porcentaxe sobre as posibles horas de insolación”, explica José Ángel Docobo.

En 2025, os heliógrafos do Observatorio Astronómico Ramón María Aller rexistraron 2.145 horas e 45 minutos, o que representa un 48,9%, porcentaxe lixeiramente por baixo dos acadados en anos recentes nos que se chegou ata o 53,6% en 2017, ou mesmo ao 52,7% en 2023.

A isto contribuíu sobre todo a baixa insolación do pasado novembro con só 81 horas e 35 minutos. Pola contra, en agosto medíronse 285 horas, en xullo case 268 horas, e en maio máis de 233.

Maio, xullo e setembro, foron os meses nos que o Sol saíu todos os días. Nun total de 104 xornadas, o Sol brillou en Compostela máis de nove horas, e noutras 77 fíxoo entre seis e nove horas.

Post navigation

Previous: O máis lido de Lindeiros no 2025
Next: O Ecobosque de Conxo recupera a ponte do Psiquiátrico

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.