Bisbarra, 4 de agosto do 2021 – Tras os comunicados de Adiante Melide e a Agrupación Socialista de Melide sobre as axudas do GDR, o Partido Popular responde cun comunicado asinado pola voceira, Dalia García, protagonista directa das críticas.

García comeza dicindo que non exerce ningún cargo retribuído de ningunha administración pública. Recoñece o seu posto de secretaria do GDR facendo fincapé en que tampouco está remunerado.
Dalia García destaca que todo o que ten que ver coa axuda é un cuestión persoal que non ten que ver coa súa faceta pública. Engade que o representante do concello de Melide votou a favor da axuda o que se contradice coa postura de Adiante Melide e Psoe. Considera que “Dubidar da valía obxectiva e técnica do propio GDR é un erro que vai en contra do propio órgano que tanto ten beneficiado a todo o territorio ao longo das súas case 3 décadas de existencia”.
Sobre a solicitude de subvención a voceira popular explica que se fixo “en base a unha convocatoria pública publicada no DOG que a súa vez se basea nun barómetro público avaliado polo equipo técnico do GDR, ao igual que todos e cada un dos proxectos presentados en cada convocatoria tanto por iniciativa pública como por iniciativa privada”.
Dalica García empraza aos partidos a ir ao xulgado se o consideran necesario “Non vou a permitir que ninguén mercadee coa miña vida privada; se os responsables municipais pensan que hai algo que non se axusta a dereito nesta solicitude -que non concesión de subvención- deben actuar inmediatamente en instancias xudiciais; pola contra, serei eu quen actue cando se verten inxurias e rumores sobre a miña persoa que non se axustan a realidade”.
