Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

O sector da discapacidade na ensinanza protestará o día 18

CONCENTRACION DISCAPCIDADE SLIDE 13 DECEMBRO 2025

As organizacións sindicais dos tres sectores de atención á discapacidade en Galicia (CIG-Ensino, CCOO Ensino, UGT, USO, CUT e SNEP) denuncian a actitude da Conselleira de Política Social, Fabiola García, quen “ningunea aos axentes sociais ao non responder á solicitude de xuntanza para debater sobre cuestións cruciais para os servizos sociais”.

Denuncia que se trata dunha práctica habitual da Consellería de Política Social, non recibir aos representantes das persoas traballadoras e das persoas usuarias para abordar temas tan importantes como a dignificación salarial, a mellora de ratios e a dotación de recursos nos sectores de discapacidade, menores e infantil 0-3.

Para os sindicatos isto “demostra unha falta de respecto pola negociación colectiva e polo benestar dos traballadores e traballadoras, así como das persoas ás que atenden”. Ante a negativa a reunirse e dialogar sobre melloras en estes ámbitos e  “esgotado o prazo de dez días dado pola representación sindical, as organizacións sindicais retomaremos as mobilizacións”.

As organizacións advirten á Consellería de Política Social de que a primeira convocatoria de mobilización terá lugar o vindeiro xoves, 18 de decembro. Unha concentración de delegados/as dos tres sectores, ás 10:30, diante da Xunta de Galicia, en San Caetano.

O obxectivo é esixir que se abra unha vía de diálogo e se dean pasos reais para mellorar as condicións laborais, sociais e salariais, así como a calidade dos servizos. Engaden que “a responsabilidade de que o conflito se agrave é, única e exclusivamente, da Xunta de Galicia pola súa actitude de peche e desprezo á unidade de acción sindical así como a todo o persoal traballador representado”.

Post navigation

Previous: Inés Mosquera recibe o XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
Next: Tres Negreira

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.