займ срочно

A Sareb terá que modificar o proxecto de Peleteiro ou chegar a acordos co goberno municipal de Santiago

0

Compostela, 21 de novembro do 2023 – O goberno municipal de Santiago enviou unha notificación á Sareb no pasado mes de outubro advertindo de que o proxecto presentado para Peleteiro non cumpre a actual normativa da cidade.

Tras o remate da lexislatura anterior sen acordo a Sareb, o coñecido como “banco malo”, presentou unha solicitude de licencia para desenvolver o chan de Peleteiro a partir do proxecto orixinal. Dito proxecto contempla un centro comercial e 40 apartamentos turísticos.

Ao remate da Xunta de Goberno semanal a alcaldesa , Goretti Sanmartín, explicaba a preguntas dos xornalistas que o proxecto presentado non cumpre a normativa actual, moi restrictiva en canto a centros comerciais. Sanmartín engadía que en calquera caso o diálogo é constante cos propietarios.

Parte da negociación de investidura

Segundo puído saber Lindeiros, a parcela de Peleteiro foi un dos moitos temas tocados polo BNG na negociación para a investidura de Pedro Sánchez. O goberno de Goretti Sanmartín é partidario de que a Sareb ceda a parcela dentro dos plans do goberno central para uso de espazos públicos para vivenda, presentados durante a campaña. Finalmente a idea quedou fora dos acordos co goberno socialista pero as conversas coa Sareb mantéñense e o goberno municipal non descarta acordos que aparten definitivamente a ameaza de máis superficie comercial ou vivendas turísticas no Ensanche.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies