Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Santiago(é)Tapas enche Compostela de sabor

compostela santiago e tapas 20 febreiro 2026 (1)

Nos últimos anos, mesmo con cambio de datas incluído, Santiago(é)Tapas non deixou de crecer e mellorar. O concurso eleva o nivel e refina cada ano as preparacións que os locais presentan.

Santiago(é)Tapas convértese cada ao nunha oportunidade para descubrir sabores e elaboracións pero tamén locais e lugares da cidade polos que habitualmente un non transita.

Inauguración no Sendeiro

O XVII Santiago(é)Tapas, organizado por Turismo de Santiago co apoio da Deputación, botou a andar esta xoves no Sendeiro, un dos locais gañadores da pasada edición.

 Ao acto asistiron a alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, a concelleira de Turismo, Miriam Louzao, o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e representantes da Corporación municipal e das entidades e empresas que patrocinan e colaboran co certame.

Medios de comunicación e convidados puideron probar o Boliño de faceiras e o Macarón de Santiago, as dúas tapas coas que participa o Sendeiro. Preparacións que sorprenden polo sabor e a presentación.

Un universo de gastronomía concentrada

Un total de 76 tapas (https://santiagoetapas.gal/tapas-2026/ ), oito máis que en 2025, de 48 locais, seis máis que na edición anterior, poderán degustarse en Compostela ata o 8 de marzo. Estes establecementos están distribuídos en oito (é)Tapas que levan nomes dos Camiños de Santiago (https://santiagoetapas.gal/etapas/ )

Hai tamén tres rutas de interese especial: doce, vexetariana e sen glute. Todas elas poden consultarse no Tapasporte que xa se pode recoller na Oficina de Turismo de Santiago (rúa do Vilar, 63) en horario de 10.00 a 18.00 h de luns a domingo; así como en todos os locais participantes.

Aquelas persoas que completen estas rutas ou (é)TAPAS no Tapasporte poderán gañar diversos premios, tales como agasallos especiais de Turismo de Santiago ligados a Compostela, produtos galegos de calidade diferenciada procedentes de DOP, IXP, Agricultura Ecolóxica e de Artesanía Alimentaria, de AGACAL; botellas de viño Ponte da Boga, cervexas Estrella Galicia ou lotes de Café Dromedario e ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galicia); entre outros regalos.

Ademais, entre todas aquelas persoas que voten polas súas tapas favoritas a través dos QR que atoparán nos locais participantes, sortearase unha estadía de dúas noites con almorzo no Hotel Gaio 7 en Santiago, cortesía de Vimbio.

Premios

Entre todas as tapas que concursan neste XVII Santiago(é)Tapas outorgaranse, mediante o voto ponderado do xurado profesional e do público, tres galardóns principais:

Premio á Mellor Tapa Doce, dotado con 1000 euros e un agasallo especial de Café Dromedario.

Premio Compostela Gastronómica á Mellor Tapa Tradicional, dotada con 1000 euros.

Premio Deputación da Coruña á Mellor Tapa Creativa, dotada con 1000 euros. Esta tapa será a que representará a Santiago no concurso De tapas por Galicia organizado por Turismo de Galicia.

Ademais, outorgaranse varios premios adicionais, elixidos polo xurado profesional:

Premio Ponte da Boga á Mellor Tapa Maridada con Viño, dotado con 500 euros en produto.

Premio Estrella Galicia á Mellor Tapa Maridada con Cervexa, dotado con 500 euros en produto.

Premio Calidade Diferenciada á Mellor Tapa con produto de DOP, IXP, Produción Ecolóxica ou Artesanía Alimentaria, dotado cun lote de produtos da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL).

Premio Cash Record á Mellor Tapa Vexetariana/Vegana, dotado con 400 euros en produto.

Premio ACEGA á Mellor Tapa Sen Glute, dotado cun cheque de 200 euros para a compra de produtos sen glute.

O XVII Santiago(é)Tapas celebrarase ata o 8 de marzo. Organizado e promovido por Turismo de Santiago e encadrado dentro da marca “Compostela Gastronómica”, o concurso conta co apoio da Deputación da Coruña e ten como patrocinador principal á empresa Hijos de Rivera, a través das súas marcas Estrella Galicia, Ponte da Boga e Cabreiroá. Tamén colaboran a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), o Mercado de Abastos de Santiago, Cash Record, Café Dromedario, a Asociación de persoas celíacas de Galicia (ACEGA), o CIFP Compostela, Allwork e Vimbio.

Post navigation

Previous: Brión aproba o novo Plan Integrado de Emprego
Next: Ames cara a unha cuestión de confianza

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.