Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Santiago(é)Tapas comeza coas probas aos participantes

A Asociación Hostalaría Compostela abriu este mércores o proceso de preselección para o Santiago(é)tapas que se celebrará do 15 de febreiro ao 2 de marzo..
santiago-e-tapas-primeiras-probas-slide-18-xaneiro-2024-(1)_r

Compostela, 18 de xaneiro do 2024 – A Asociación Hostalaría Compostela abriu este mércores o proceso de preselección para o Santiago(é)tapas que se celebrará do 15 de febreiro ao 2 de marzo.

En esta primeira xornada de preselección o participante que presentou a súa proposta  foi Cacao, un dos locais de hostalería que se estrean nesta edición de Santiago(é)Tapas, presentada polo seu xefe executivo, o chef Alberto Lareo.

O inicio das probas tivo lugar nos locais da Asociación e asistiron como convidados a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, a presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, Sara Santos, e representantes de empresas e entidades patrocinadoras de Santiago(é)tapas, como Pedro López, Trade Marketing Horeca Hijos de Rivera, e Guillermo Fernández, delegado comercial de Hijos de Rivera; Bruno Hermida, promotor de vendas de Café Dromedario, e Miguel Sandá e Simón Quintela, xefe de zona e xerente de Cash Record Santiago.

Nesta edición, dende Turismo de Santiago tomouse a decisión de trasladar o concurso ao mes de febreiro a petición da Asociación Hostalaría Compostela, debido a que o mes de novembro tense xa consolidado como un mes con moita actividade para o sector.

Segundo destacou Míriam Louzao, “nesta edición contamos con 41 locais participantes, tres máis que os que houbo na pasada edición de novembro do 2022. Este aumento amosa que o cambio para febreiro foi unha decisión que permitirá darlle un novo pulo ao concurso e fomentar a desestacionalización neste mes de tempada baixa”.

A xerente de Turismo de Santiago apuntou que “dende a entidade municipal estamos facendo un esforzo moi importante para adaptarnos á petición da Asociación Hostalaría Compostela de cambiar de datas o concurso, pero confiamos que o cambio teña uns resultados positivos para o sector”.

Pola súa banda, Sara Santos, presidenta da Asociación Hostalería Compostela, agradeceu o apoio dos patrocinadores e mostrouse moi satisfeita por “volver atopar a moitos dos xa habituais do concurso, xunto a outros novos que se presentan este ano por primeira vez para demostrar a calidade da oferta hostaleira da cidade”.

Os patrocinadores, pola súa banda, coincidiron en destacar o valor da iniciativa que une as súas marcas á hostalería e mostráronse entusiasmados con esta nova edición que demostra “a consolidación e a evolución” do concurso.

Tamén asistiron á presentación representantes dalgunhas empresas colaboradoras como María José González, de Agacal; Nuria Colmenero, da Asociación Galega de Celíacos; o fotógrafo Javier Lima, de Vega Studio; e os profesores do CIFP Compostela, José Manuel Quintáns e Gonzalo Salgueiros, estes últimos encargados da preselección das tapas, entre outros.

Entre as novidades desta edición atópanse varios cursos de formación e sorteos de agasallos para os locais participantes no concurso. Así, o primeiro obradoiro, que se celebrará os días 29 e 30 de xaneiro, será un Curso de Iniciación Barista a cargo de Karen Quiroga, formadora de Café Dromedario, para o que xa está aberta a inscrición ata o 25 deste mes. O curso desenvolverase en quendas de dúas horas, entre as 09.30 e as 11.30 horas, e de 16.00 a 20.15 horas, estando limitado a 10 persoas por quenda, debendo formalizar as súas inscricións a través da web.

Tamén haberá en febreiro un curso sobre a evolución de cervexa e tiraxe perfecta a cargo de Carlos Ávila, técnico de Cultura de Cervexa en Hijos de Rivera, e outro sobre viños Ponte da Boga a cargo de persoal da devandita adega. Ademais, entre todos os locais inscritos, sortearase unha entrada dobre para visitar o Museo MEGA e unha noite para dúas persoas nun aloxamento de Alda Hotels.

Post navigation

Previous: O hip-hop galego defende a Palestina nun festival solidario
Next: O Entroido chama ás portas

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.