Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Reportaxes
  • Xeral

Santiago Rugby Club, o gardián da tradición

santiago rugby club agosto 2014

Reportaxe: santiago rugby club agosto 2014A reportaxe en esta ocasión fálanos dun deporte que non sae a miudo nos medios pero que ten a súa historia en Compostela, o Rugby. O Santiago Rugby Club é o herdeiro da tradición deste deporte na bisbarra. Este equipo leva tan só 5 anos, antes foi o Gallaecius e se nos remontamos máis atrás no tempo levarémonos algunhas sorpresas si somos dos que pensamos que en Santiago esta disciplina nunca tivo moito éxito.

Ramón Lamas é o presidente e leva máis de 20 anos practicando este deporte, cóntanos que na cidade chegaron a existir 3 clubs de rugby ” cando empezamos Santiago levaba anos sen ter ningún equipo cando existiran até 3, o Platerias, o CDU que era o Club Deportivo Universitario e o Compostela Rugby Club, é dicir que xa houbo varios equipos federados que conseguiron mesmo subir á primeira nacional”. Este deporte sempre estivo ligado ao mundo universitario pero Ramón explica que iso sempre causou un problema á hora de crear equipos estables “así como o club nutríase de moitos xogadores da universidade, a medida que terminaban os seus estudos ou se desprazaban perdíanse, había que formar a novos xogadores e non existía unha continuidade”; a vinculación coa universidade xeraba un segundo inconvinte vinculado ao financiamento “o concello de Santiago ao ter esa sensación de que o club formaba parte da universidade non lle facilitaba subvencións, campos nin ningún tipo de medio porque contaba con que fose a USC a que se encargase de todo”.

Reportaxe: santiago rugby club agosto 2014A creación do Santiago Rugby Club está en vías de solucionar estes problemas. Para conseguir unha estabilidade en canto a xogadores e crecer ao mesmo tempo como equipo puxeron en marcha o ano pasado as escolas deportivas “é un traballo moi importante que está a recaer principalmente en José Vallejo, isto achéganos de cara ao futuro novos xogadores e ademais xogadores que se forman desde moi pequenos, rapaces que ao comezar desde os 8 anos poden chegar a destacar no rugby como xa destacaron outros, temos xogadores que colaboran co club que chegaron a xogar en Nueva Zelanda fichados polos All BLacks”. Falar dos All Blacks e da liga neozelandesa é como dicir Real Madríd ou Barça en fútbol o que dá idea da seriedade coa que se fan as cousas, pero quedaba un problema por resolver relacionado coa implicación do concello algo que parece tamén ter un pronto arranxo “este ano o concello de Santiago prometeunos un campo onde xogar, até agora non tiñamos esa instalación e xogabamos nun campo veciñal pagando un aluguer por el cos nosos fondos algo que non pasou en ningún club doutro deporte, agora parece que se nos cederá o campo de Conxo e esperamos poder asentarnos”. Este ano contarán ademais coa experiencia como adestrador de Guillermo Landrove, licenciado en educación física e con máis de 25 anos de experiencia en rugby adestrando a equipos de distintas categorías incluíndo á nacional, é colaborador tamén da Federación Galega de Rugby, todos esperan que lle dun plus de calidade ao equipo.

41 xogadores en senior, algo máis de 20 nas escolas no último ano, 600 socios, cifras que mostran a importancia do Santiago Rugby Club e o optimista futuro que ten este deporte en Santiago.

contacto: www.santiagorugby.com   rugby@santiagorugby.com   606865428

santiago rugby club agosto 2014
_004rugby-composteladsc_0186_r
santiago rugby club agosto 2014

Post navigation

Previous: Filomena Fraga, veciña de Ames
Next: Hostal dos Reis Católicos, o museo agochado

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.